Resurrección: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro: Agosto 2010 262 a resurrección de Manuel de Prado Mariño.jpg|thumb|250px|''A resurrección'', escultura de [[Manuel de Prado Mariño]] na [[Capela de Ánimas]] de [[Santiago de Compostela]].]]
 
A '''resurrección''' é un [[dogma]] común a todas as confesións e igrexas cristiás. Foi recollido no [[credo]] de [[Nicea]], e figura no denominado credo dos [[apóstolo]]s. As máis antigas tradicións cristiás dan testemuño desta crenza.
 
Ten dúas vertentes:
 
* A resurrección de [[Xesús de Nazareth]] ao terceiro día da súa morte e sepultura.
 
* A resurrección da carne da que se beneficiarán todos e cada un dos homes.
 
Liña 17 ⟶ 15:
Nos evanxeos, non se describe a resurrección, agás no [[Evanxeo de Pedro]], que as igrexas consideran [[apócrifo]]. Nos sinópticos e en Xoán, recóllese a través dos relatos do sepulcro baleiro e as posteriores aparicións. Son elementos comúns:
 
* As primeiras testemuñas son mulleres. Aparecendo sempre [[María Magdalena]] entre elas. Este resulta ser un dato sorprendente para a credibilidade coetánea do relato, dado o escaso valor que ten o testemuño feminino na sociedade daquel tempo. Se aparece nos textos é que debeu existir un factor real que os sustenta (criterio de dificultade).
 
* Existe unha primeira reacción de incredulidade, e mesmo de temor, que se transforma en abraio e ledicia.
 
* Procúrase facer fincapé en que o mesmo Xesús que foi crucificado como un malfeitor e sedicioso abandonado de Deus, foi retornado por ese mesmo Deus á unha nova vida onde xa non se morre máis (Lc 24,39).
 
Nalgún relato, asóciase a resurrección coa presenza viva de Xesús na hospitalidade ao forasteiro, no partir o pan, e nun novo entendemento das Escrituras que fan "arder o corazón" (relato de Lucas sobre os discípulos de [[Emaús]]).
Liña 54 ⟶ 52:
Para autores como [[Karl Barth]] ou [[Eberhard Jüngel]], o Fillo de Deus fíxose home, morreu e resucitou para a xustificación do pecador. Mediante a morte e a resurrección, igual que para a teoloxía católica e ortodoxa, Deus mesmo está actuando en Xesús. Pero a teoloxía evanxélica insiste en que esta actuación é exclusiva e definitiva; por ela e só por ela, gratuitamente e por soa [[graza]], o home mortal e pecador é xustificado e salvado. Tal como afirmaba [[Martiño Lutero]], a morte e a resurrección de Cristo abondan para a salvación do home e fan banais os méritos e as obras.
 
[[Categoría: cristianismoCristianismo]]
[[Categoría:Relixión]]