Resurrección: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro: Agosto 2010 262 a resurrección de Manuel de Prado Mariño.jpg|thumb|250px|A resurrección de [[Manuel de Prado Mariño]] na [[Capela de Ánimas]] de [[Santiago de Compostela]]]]
 
A '''resurrección''' é un [[Dogmadogma]] común a todas as confesións e igrexas cristiás. Foi recollido no [[credo]] de [[Nicea]], e figura no denominado credo dos [[apóstolo]]s. As máis antigas tradicións cristiás dan testemuño desta crenza.
 
Ten dúas vertentes:
Liña 12 ⟶ 13:
 
==A resurrección nas fontes do Novo Testamento==
 
A resurrección de [[Xesús de Nazareth]] é presentada por [[Paulo de Tarso]], nas súas cartas, como o acontecemento central da súa predicación. Significa a vitoria fronte a escravitude do [[pecado]] e a morte e é o motivo que fundamenta a [[esperanza]] cristiá de salvación. A súa significación consiste en que nin sequera a morte poderá arrincarnos do amor de [[Deus]] en Cristo Xesús (Rom. 9, 37-39).
 
Liña 28:
 
==A esexese==
 
Entre teólogos e eséxetas do conxunto das confesións cristiás existe certo consenso en afirmar que estes relatos non dependen literariamente uns de outros e se remiten a unha experiencia singular. Adoitan coincidir, tamén, en que a experiencia de Xesús resucitado, coñecida como experiencia pascual, marca o comezo do cristianismo mediante unha relectura vital dos acontecementos previos da predicación, condena e crucifixión de Xesús de Nazareth.
 
Liña 34 ⟶ 33:
 
==Evolución da crenza==
 
Inicialmente, a crenza na resurrección, en clave xudeo-cristiá, significaba a volta do home íntegro e unitario á unha vida definitiva e plena, con Deus e os irmáns. Esta concepción [[semita]] non concibe unha existencia humana sen corpo. Non existe palabra algunha para designar ao corpo como algo separado e distinto da alma.
 
Liña 40 ⟶ 38:
 
==Teoloxía católica==
 
Esta visión dualista está corrixida pola actual teoloxía católica. Autores como [[Hans Urs von Balthasar]], [[Karl Rahner]] ou [[Joseph Ratzinger]] insisten en que un alma descarnada non é un ser humano e que a materialidade da natureza será transfigurada, pero non volatilizada no espírito. O corpo, en canto constitutivo da persoa consonte a unha antropoloxía contemporánea, é o núcleo da personalidade e o medio psíquico e físico para a interrelación persoal e a experiencia vital co medio. A resurrección non é a mera reanimación dun cadáver, pero ha de ter forzosamente unha referencia directa á corporeidade. Deste xeito, a resurrección supón a restauración do cosmos ao final dos tempos. Non será unha creación distinta, senón a transformación e plenificación da única e soa creación para a [[Vida Eterna]] do home en comuñón cos outros en Deus.
 
Liña 48 ⟶ 45:
 
==Teoloxía ortodoxa==
 
A teoloxía ortodoxa segue moi pegada ao pensamento dos [[Pais da Igrexa]] de Oriente. Nos himnos litúrxicos, as igrexas proclaman que Cristo esnaquizou as portas do inferno, que levantou conxuntamente aos mortos, rompeu o aguillón da morte e, como Amigo dos homes, redimiu a [[Adán]] da maldición (''kontakion'' do quinto domingo).
 
Liña 56 ⟶ 52:
 
==Teoloxía evanxélica==
 
Para autores como [[Karl Barth]] ou [[Eberhard Jüngel]], o Fillo de Deus fíxose home, morreu e resucitou para a xustificación do pecador. Mediante a morte e a resurrección, igual que para a teoloxía católica e ortodoxa, Deus mesmo está actuando en Xesús. Pero a teoloxía evanxélica insiste en que esta actuación é exclusiva e definitiva; por ela e só por ela, gratuitamente e por soa [[graza]], o home mortal e pecador é xustificado e salvado. Tal como afirmaba [[Martiño Lutero]], a morte e a resurrección de Cristo abondan para a salvación do home e fan banais os méritos e as obras.
 
[[Categoría: cristianismo]]
[[Categoría:Relixión]]
 
[[bg:Възкресение]]