Disco celeste de Nebra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Corribot: Facendo probas de correccións ortográficas sinxelas: abandoa -> abandona según: Wikipedia:Erros_de_ortografía_revisados; cambios estética
Liña 16:
O '''disco celeste de Nebra''' é, ata o presente, a representación máis antiga que se coñece da [[bóveda celeste]] e dos fenómenos astronómicos. Trátase dun achado arqueolóxico descuberto no ano [[1999]] no monte Mittelberg, preto de Nebra (estado de [[Saxonia-Anhalt]], [[Alemaña]]). É unha placa de [[bronce]], case redonda, que pesa preto de 2 kg e ten aproximadamente un diámetro de 32 cm. Pertence a unha cultura de hai 3.600 anos cuxos coñecementos en [[astronomía]] proviñan de Alemania. Os expertos din que representa o [[firmamento]], con representacións de elementos abstractos.
 
== Historia do descubrimento ==
No verán de 1999, Harry W. e Mario R. dedicábanse a buscar [[munición|municións]]s e armas militares no bosque de Ziegelroda (a parte forestal do monte Mittelberg, de 252 metros de altura), coa axuda de detectores de metais. Foi así como bateron, sen sospeitar a súa importancia, cos restos dalgunha civilización prehistórica que máis tarde dataríanse en 1.600 anos a.C. Os achados foron os seguintes: un disco cravado verticalmente no chan, canda dúas espadas, dúas machetas, uns brazaletes e un escoplo; todo iso rodeado por grandes pedras que protexían o depósito. Tralo achado non deron importancia ningunha ao disco, mais o resto vendérono no mercado negro por 31.000 marcos (16.000 [[euro]]s do ano [[2000]]).
 
Houbo un comprador, que ofreceu aos museos de prehistoria de [[Berlín]] e [[Múnich]] os obxectos atopados. Foi entón cando o director do museo de Berlín, Wilfried Menghin recibiu unhas fotos nas que se vía o disco celeste bastante sucio e algunhas pezas máis. Por todo iso, o mercader anónimo pedía un millón de [[marco alemán|marcos alemáns]]. Menghin contestou que o propietario lexítimo do tesouro prehistórico era o patrimonio nacional e que, xa que logo, debían dirixirse ao ''Museo de Prehistoria de Múnich''. Logo desta conversa, o achado desapareceu por un tempo.
Liña 23:
No ano [[2002]] outras persoas acoden a Menghin con propostas de venda, pero nesta ocasión o director do museo non quixo perder de novo a pista e acodiu ao Ministerio de Cultura de Saxonia-Anhalt, que á súa vez deu parte do suceso á policía. Trala investigación policial logrouse poñer a salvo o disco celeste e unha das espadas. Máis tarde atoparon todo o demais tras un rexistro en casas particulares de Alemaña. En setembro dese mesmo ano, os implicados foron detidos e condeados a unha multa ou arresto menor. Foi neste intre cando os descubridores do tesouro fixeron unha confesión en regra, revelando o lugar e as circunstancias do achado.
 
== Lugar do descubrimento ==
O xacemento arqueolóxico atopouse, segundo confesión dos implicados, no bosque de Ziegelrodaer. Fixéronse análises químicas do chan que coincidiron cos feitos na terra que estaba adherida no disco celeste; deste xeito os arqueólogos puideron confirmar que os descubridores dixeran a verdade. O monte Mittelberg é tradicionalmente rico en xacementos arqueolóxicos de varias etapas da humanidade e ofrece un dos recintos europeos con maior densidade de soterramentos da [[Idade de bronce]]; calcúlanse uns 800 [[túmulo]]s.
 
A partir dese intre, a oficina federal de Saxonia-Anhalt impulsou unha campaña para a excavación do lugar que obtivo moi bos resultados. Descubriuse que non se trataba de ningún soterramento senón dun depósito onde se abandoaronabandonaron as pezas dentro dunha cista (vaso metálico con tapa que se empregaba pra gardar obxectos preciosos), sen ningunha orde. Este tipo de depósito adoita ser bastante común entre os homes da Idade do Bronce e coñécense bastantes exemplos. Crese que poidan ser ofrendas aos deuses.
 
Ao redor da cista había unha muralla circular e lisa, de 160 m de diámetro. Dous panos da preto rodeaban o espolón da montaña. O seu estudo amosou que fora ergueita un milenio logo da fabricación do disco, na [[Idade do Ferro]], quizais no intre do depósito. Descubriuse tamén que non había pegadas de asentamento de ningún pobo e que o lugar non tiña sinal de ser unha fortificación. As conclusións finais foron que se trataba dun punto escollido para culto relixioso, polo seu extraordinario emprazamento e as súas relacións astronómicas.
 
== Descrición do disco celeste ==
[[Ficheiro:Nebra Scheibe.jpg|thumb|O [[disco celeste de Nebra]], descuberto en Alemaña é unha das representacións máis antigas que se coñecen da bóveda celeste.<ref>{{Cita Web| url = http://www.dw-world.de/popups/popup_imageoftheday/0,2173,1911494_lang_28,00.html | título = Disco celeste de Nebra | ano = 2006 | obra = [[Deutsche Welle]] 22.02.2006 | dataaacceso = 10/06/2008 | idioma = español}}</ref>|left]]
 
Liña 36:
 
O estudo feito sobre o disco celeste atopado veu demostrar que non era exactamente o orixinario, senón que sobre este se fixeron unha serie de modificacións ao longo dos anos con arranxo aos coñecementos e quizais tamén ao seu uso. Puidéronse constatar ata 4 fases:
* Incrustación dun disco solar, máis unha lúa crecente, máis 32 estrelas.
* Incrustación de disco solar, máis lúa crecente, máis 30 estrelas, máis dous arcos no horizonte orientados leste-oeste.
* Incrustación de 30 estrelas, máis lúa crecente, máis disco solar, máis unha nave entre os dous arcos do horizonte.
* O mesmo disco que o anterior, coa variante das perforaciones do bordo. Son 38 taladros, realizados dende o anverso e distribuídos en espazos regulares, o que podería supoñer un intento de periodización. Pode verse moi ben no anverso o traballo levado a cabo pra facer os buracos. Estes taladros veñen demostrar que o uso do disco tamén sufriu diversas modificacións.
 
Os arcos do horizonte que foron engadidos e nalgún punto ata taparon algunhas estrelas das fases anteriores, son característicos da época do neolítico e puidéronse ver en bastantes xacementos arqueolóxicos. Amosan o coñecemento avanzado daquelas xentes no eido da [[astronomía]]. Un dos arcos representa a saída do sol e o outro o solpor. O ángulo que abranguen, oitenta e dous graos, equivale ao ángulo que forman o orto e o solpor solar entre o solsticio de inverno e o de verán na latitude no que foi atopado.
Liña 47:
As estrelas tamén foron obxecto de estudo e de especulación. As Pléiades son visibles dende [[Centro Europa]] dende a Idade do bronce e aparecen citadas como tales estrelas nos calendarios de varias culturas en todo o mundo. Mais canda esta interpretación xurdiron controversias e opinións dispares. Os arqueoastrónomos saben que dende Centroeuropa e xa dende a Idade do Bronce podían verse tres grupos de estrelas: Pléiades, Pesebre e Delfín. Con arranxo a estes tres grupos, algúns astrónomos supuxeron que a constelación representada no disco debía atoparse preto da eclíptica, xa que logo queda descartado o Delfín; mais as outras dúas, Pléiades e Pesebre, son suficientemente próximas á eclíptica. Wolfhard Schlosser, catedrático de Astronomía, decantouse pola interpretación das Pléiades, constelación que se sabe que, polo menos na [[Grecia]] arcaica, servía de marcador para a confección do calendario agrario. O tema de devandita interpretación baséase pois en suposicións e especulacións coas que moitos outros astrónomos e profesores non están de acordo. No que si están todos de acordo é en sinalar que o disco de Nebra é un obxecto precioso que debeu ter un gran valor decorativo e ritual.
 
== As espadas ==
As [[espada]]s aparecidas xunto ao disco celeste son dunha gran calidade. As empuñaduras e as follas están traballadas con gran esmero e decoradas coa mesma técnica que o disco. O contraste de cores fai que o efecto decorativo sexa moi atractivo.
 
== Referencias ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
* [[Firmamento]]
 
=== Bibliografía ===
Declaracións feitas á revista ''Investigación y Ciencia'' (Prensa Científica) por:
* Harald Meller, arqueólogo do Land de Saxonia-Anhalt, director do museo de Prehistoria de Halle-Saale, coordinador, investigador e restaurador do disco celeste de Nebra.
* Wolfhard Schlosser, catedrático de Astronomía da Universidade de Bochum no Ruhr. Estudoso dos coñecementos astronómicos na prehistoria.
* [[María García Esperón]]. ''El Disco del Cielo'' (novela). México, 2006.
* Arturo Ortega Blake. Nebra. ''Historia de los lectores de astros de la edad de bronce'' (novela). Grijalbo. México, 2008. (Finalista Premio Azorín de novela 2006).
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://elsegundoluz.com/revista/index.php?option=com_content&task=view&id=57&Itemid=67 O disco de Nebra non é un instrumento astronómico] Na revista ''El Segundo Luz''.
 
{{Link FA|de}}
{{Link FA|it}}
 
{{Link FA|ca}}
 
[[Categoría:Prehistoria]]
[[Categoría:Arqueoloxía de Alemaña]]
[[Categoría:Astronomía]]
 
{{Link FA|ca}}
{{Link FA|de}}
{{Link FA|it}}
 
[[br:Pladenn neñvel Nebra]]