Soberanía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: la:Suverenitas
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: la:Maiestas (Ius constitutionale); cambios estética
Liña 9:
A '''soberanía''', segundo a clásica definición de [[Jean Bodin]] na súa [[obra]] ''Os seis libros da República'', é o "poder absoluto e perpetuo dunha [[República]]" e '''soberano''' é quen ten o poder de decisión, de dar leis sen recibilas doutro, é dicir, aquel que non está suxeito ás leis escritas, pero si á lei divina ou natural. Segundo este autor soberano debía ser o monarca, e caracterizábase dito poder por ser absoluto, perpetuo, supremo, ilimitado, indivisible e imprescriptible.
 
== A soberanía popular de Rousseau ==
[[Ficheiro:Ducontratsocial002.jpg|thumb|right|130px|Páxina da obra de Rousseau ''O Contrato social'']]
 
Liña 16:
Así segundo Rousseau todos os cidadáns serían libres e iguais, posto que ninguén obedecería ou sería mandado por un individuo en específico, senón que sería un suxeito indeterminado, que sería a '''vontade xeral'''. A vontade xeral ten o poder soberano, é dicir, aquela que sinala o correcto e verdadeiro, e aquelas minorías deberían acatar o que di a vontade colectiva. Esta concepción russoniana que a pesares de ser un dos puntos de orixe da [[revolución francesa]] e influír deste xeito na aparición da [[democracia moderna]], tamén conlevou a múltiples abusos, porque en nome da vontade "xeral" ou pobo, asasinouse e destruíuse indiscriminadamente. Xerou actitudes irresponsables e permitiu o atropelo dos dereitos fundamentais das minorías.
 
== A soberanía nacional do Abate Sieyés ==
Fronte a isto xorde unha nova corrente teórica, a do [[Abate Sieyés]] que postula que a soberanía está radicada na nación e non no pobo, querendo con iso que a autoridade non obrase soamente tomando en conta o sentimento maioritario coxuntural dun pobo, que podía ser obxecto de influencias ou paixóns desarticuladoras, senón que ademais tivese en conta o legado histórico e cultural desa [[nación]], e dos valores e principios baixo os cales se fundou. Ademais no concepto de nación contempla a todos os habitantes dun territorio, sen exclusións nin discriminacións. O Abate Sieyes indica que ''"os parlamentarios son representantes e non mandatarios"'', posto que estes gozan de autonomía propia unha vez que xa foron electos, e exercerán os seus cargos mediando unha cota de responsabilidade e obxectividade no momento de lexislar, en cambio os mandatarios deben realizar o que o seu mandante lle indíca en cada momento, neste caso, o pobo.
 
== Evolución posterior ==
Así de [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]] nace o concepto de [[soberanía popular]], mentres que de [[Abate Sieyés]] o de [[soberanía nacional]]. Ambos conceptos danse indistintamente nas constitucións modernas, aínda que logo da [[II Guerra Mundial]] retomouse con forza o concepto de soberanía popular que se mira como máis próximo ao pobo, o cal suponse que actualmente ten un grado de cultura cívica e moderación moito máis alto que no tempo da [[Toma da Bastilla]] en [[1789]].
 
Ao tomar o corpo civil como un corpo político organizado, con vida propia e necesidades comúns, utilízase o termo soberanía nacional na [[Revolución francesa]] quitándolle ao individuo a capacidade individual de decisión e transmitíndolla ao corpo nacional. Esta é a tese mantida polo ''artigo 3'' da ''[[Declaración de dereitos francesa]]'' ao determinar que {{Cita|Toda soberanía reside esencialmente na nación.}}Deste xeito a soberanía nacional concibirase como unha, indivisible e inalienable, que non pode confundirse cos individuos que a conforman.
 
Ao conformar así o concepto, o individuo é parte da nación, pero esta é un todo que non lle representa directamente. Non será pois posible entender o [[sufragio|sufraxio universal]] igual para todos e con poder de decisión. Os individuos non teñen dereitos, senón que cumpren funcións, e esas funcións serán reservadas para quen reúna a dignidade suficiente, xeralmente relacionada coa riqueza persoal. Aparece así o [[sufraxio censitario]].
Liña 28:
Para manter esta teoría se elaborarón complexas teses sobre a condición da Nación como entidade superior ao individuo.
 
== Diferenzas entre soberanía nacional e popular ==
O termo ''soberanía popular'' buscouse como a antagónica á tese da soberanía nacional. A [[Constitución francesa de 1793]] foi o segundo texto legal que estableceu que "a soberanía reside no pobo ...". [[Jean-Jacques Rousseau]], na suúa obra ''O Contrato social'', atribúe a cada membro do [[Estado]] unha parte igual da que denomina a "[[Autoridade soberana]]" e propuxo unha tese da soberanía baseada na vontade xeral. Para Jean-Jacques Rousseau o soberano é o pobo, e este emerxe do [[pacto social]], e como corpo decreta a [[vontade xeral]] manifiestada na [[lei]].
 
Liña 35:
A [[Constitución española de 1978]] recoñece que ''"a soberanía nacional reside no pobo, do que emanan todos os poderes do Estado"''.
 
== Conclusión ==
O vocábulo soberanía tamén xogou un importante papel na [[Teoría Política]] e na [[Doutrina do Dereito Internacional]]. É por iso que o contido desta palabra foi escurecido e deformado, polo que pode entenderse de varios modos ou admitir distintas interpretacións e ser, por conseguinte, motivo de dúbidas, incerteza e confusión. O principal problema estriba en que existindo tantas definicións do termo como hai autores, non hai acordo sobre cal é o obxecto buscado por este concepto no dereito internacional.
 
Liña 74:
[[ko:주권]]
[[krc:Суверенитет]]
[[la:Maiestas (Ius constitutionale)]]
[[la:Suverenitas]]
[[lb:Staatsgewalt]]
[[lt:Suverenitetas]]