Miguel Mihura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Paradanta (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 2:
 
== Biografía ==
 
O seu pai, Miguel Mihura Álvarez, era actor e autor de libretos de [[zarzuela]]s, polo que xa se moveu dende ben cativo no ambiente teatral. Durante os anos vinte traballou coma xornalista, achegándose aos xornalistas humorísticos do momento. De feito, o humor tamén se convertería nunha constante da súa produción literaria.
 
Liña 12 ⟶ 11:
 
== Traxectoria literaria ==
 
A súa primeira obra, ''Tres sombreros de copa'', malia que foi escrita no 1932, non foi publicada ata o [[1947]], estreándose no [[1952]]. Isto provoca unha fonda decepción no autor, que decide facer, segundo palabras súas, "teatro comercial ou de consumo ao alcance da mentalidade burguesa que, con razón, non quere romperse a cabeza logo de pechar o seu negocio". É evidente que a súa produción posterior está por embaixo do que supuxo ''Tres sombreros de copa'', minguando a súa imaxinación, a súa forza creadora, o seu inconformismo e renunciando a certas audacias de expresión poética e humor insólito. En palabras súas, o seu teatro posterior está destinado a "ocultar o meu pesimismo, a miña melancolía, o meu desencanto por todo". Con todo, nalgunhas desas obras (''Sublime decisión'', 1955, ''Maribel y la extraña familia'', 1959, e ''La bella Dorotea'', 1963), déixase albiscar a denuncia do choque entre individuo e sociedade, motivo dun radical descontento perante un mundo de convencións que aflixen ao home e impídenlle ser feliz. O resto das obras están impregnadas de conformismo e do seu desexo de pregarse aos gustos [[burguesía|burgueses]] na procura do éxito.
 
== ''Tres sombreros de copa'' ==
 
''Tres sombreros de copa'' é unha obra [[vangarda|vangardista]], próxima ao [[Teatro do absurdo]], que foi rexeitada repetidamente por empresarios, directores e actores, o que amosa a inviabilidade dun teatro novo na España daqueles anos. No [[1953]], un ano despois do seu estreo e 21 logo de que a escribise, recibe por ela o Premio Nacional de Teatro. Porén, o público "normal" segue a rexeitala, sendo representada por grupos universitarios que a vían como bandeira de inconformismo (o que non deixa de ser paradoxal se temos en conta a filiación fascista que mantivo o autor nos anos da Guerra Civil).
 
Liña 26 ⟶ 23:
 
== Obra ==
 
* ''Tres sombreros de copa'' (1932).
* ''¡Viva lo imposible!'' (1939).
Liña 45 ⟶ 41:
* ''Sólo el amor y la luna traen fortuna'' (1969).
 
{{DEFAULTSORT:Mihura, Miguel}}
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Escritores de España]]