m
Arranxos varios
(→Obras de Psiquiatría: Arranxos) |
m (Arranxos varios) |
||
'''Luis Martín-Santos''', nado en [[Larache]] ([[Marrocos]]) o [[11 de novembro]] de [[1924]] e finado en [[Gasteiz]] o [[21 de febreiro]] de [[1964]], foi un médico psiquiátrico e escritor en lingua castelá.
A súa novela máis coñecida é ''[[Tiempo de silencio]]'' (1961), obra de denuncia social cunha valente renovación estilística. A trama trancorre en [[Madrid]] no outono de [[1949]] e o autor amosa, con fina ironía, o panorama das clases sociais da cidade.
== Biografía ==
Aos cinco anos trasladouse a [[Donostia]], onde o seu pai (médico militar), fora destinado. Cursou Medicina en [[Salamanca]] e doctorouse en [[Madrid]] no [[1947]]. Especializouse en [[Psiquiatría]], tanto en [[Madrid]] coma na [[Alemaña]]. Á súa volta consegue o posto de director do Centro Psiquiátrico de Donostia, sendo frecuentes as súas estancias en Madrid, onde conta con amigos coma [[Sánchez Ferlosio]] ou [[Juan Benet]].
== Obras de Psiquiatría ==
* ''Dithey, [[Karl Jaspers|Jaspers]] y la comprensión del enfermo mental'' ([[1955]])
* ''Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial'' (1964).
== Obras literarias ==
* ''[[Tiempo de silencio]]'' ([[1961]])
* ''Apólogos'' ([[1970]]), póstuma
* ''Tiempo de destrución'' ([[1975]]), póstuma e inacabada.
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Lázaro, F. e Tusón, V. ([[1982]]). ''Literatura Española''. Ed. Anaya
=== Ligazóns externas ===
* http://www.lecturalia.com/autor/1033/luis-martin-santos
{{DEFAULTSORT:Martín-Santos}}
[[Categoría:Escritores en lingua castelá
[[Categoría:Personalidades da psiquiatría]]
[[de:Luis Martín-Santos]]
|