Guerra do Peloponeso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 103:
=== O triunfo de Lisandro ===
 
A impopularidade de [[Atenas]] medrou, e so quedaron fieis as cidades de Lesbos e Samos. Aquí foi onde se botou unha nova flota ateniense. En [[-412]], as cidades de Xonia, para as que se constituíra a Liga de Delos, fixeron defección, precedidas nisto por Quíos.
 
En [[-411]] ten lugar un golpe de estado [[oligarquía|oligárquico]] en [[Atenas]]. Os Catrocentos piden a paz a Esparta. Pero o exército e a flota rexeitan recoñeceren o cambio e, ao cabo de catro meses de existencia, o réxime oligárquico é revocado. Eubea sublévase, e os espartiatas conseguen unha vitoria naval en [[Eretria]].