Mischa Maisky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Sen resumo de edición
Liña 24:
En [[1970]] foi condenado a pasar dous anos nun campo de traballo preto de [[Nizhny Novgorod|Gorky]], debido seguramente a que a súa irmá se exiliara en [[Israel]] o ano anterior. Un amigo médico trasladouno a unha clínica psiquiátrica, xa que ese era o único xeito para escapar do seu arresto. Logo da súa posta en liberdade emigrou a [[Israel]] e trasladou despois a súa residencia a [[Bélxica]].
 
En [[1973]] gañou o [[Concurso Internacional de Cello Gaspar Cassadó]] en [[Florencia]]. No mesmo ano debutou no [[Carnegie Hall]] coa [[Orquestra Sinfónica de Pittsburgh]] baixo a dirección de [[William Steinberg]]. Tralo concerto, un admirador anónimo regaloulle un chelo [[Montagnana]] de [[1720]]. Por mediación de [[Rostropovich]] estudou con [[Gregor Piatigorsky]] en [[Los Ángeles]]. Durante catro meses tocou e falou case a diario con Piatigorsky, mentres que con Rostropovich, estoisto só era posible cando no estaba de xira. É pois o único violoncellista que recibiu clases de Rostropovich e Piatigorsky.
 
En [[1982]] comezou unha colaboración con [[Deutsche Grammophon]]. A primeira gravación foi o ''[[Dobre concerto para violín e violoncello]]'' de [[Johannes Brahms|Brahms]] xunto a [[Gidon Kremer]] e a [[Orquestra Filharmónica de Viena|Filharmónica de Viena]], dirixida por [[Leonard Bernstein]]. Seguiulle en [[1985]] unha gravación das ''Suites para violoncello só'' de [[Johann Sebastian Bach|Bach]] (das que realizou unha segunda gravacións en [[1999]]). Dende aquela moitas das súas gravacións foron merecedoras de importantes premios internacionais, incluíndo o [[Grand Prix du Disque]] e o [[Record Academy Prize]]. En [[1992]] tocou por primeira vez nos [[Proms]] de Londres, e ao ano seguinte no [[Festival de Salzburgo]] xunto a [[Martha Argerich]].