Diferenzas entre revisións de «Fonteo, Baleira»

arranxiños
(Desfíxose a edición 1416463 de 80.103.0.6 (conversa) Vandalismo)
(arranxiños)
 
==Xeografía==
Limita o Norte con [[A Braña, Baleira|Braña]], ao Sur con [[Librán, Baleira|Librán]], ao Leste con [[Cubilledo, Baleira|Cubilledo]] e ao Oeste con [[Pena, Castroverde|Pena]] ([[Castroverde]]). Os seus 66 habitantes están distribuidosdistribuídos en 4 núcleos e 4 lugares, cunha densidade media de 15´6 hab/km2 no 2003. O seu nome deriva do nacemento do [[río Eo]].
 
As entidades de poboación son as seguintes: Castiñeiras (8), A Ferraría (12), Fonteo (40) e Río de Castro (6). Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: O Barreiro, O Pibidal, Valdeirexe e A Veiguiña.
 
==Patrimonio==
O único monumento de máis rechamada é a igrexa parroquial de Santa María de Fonteo. Esta igrexa, moi sinxela, é de tipo rural e pequenas dimensións, con muros de cachotería e sillería de granito e lousa, e cuberta de lousa a dúas e catro augas. O [[presbiterio]] e a nave están comunicados por medio dun arco triunfal de medio punto. O [[frontis]] culmina cunha [[espadana]] dun so vano. No interior consérvase un so retablo na capela maior, de estilo barroco popular.
 
==Lugares e Parroquias==
52.639

edicións