Uncial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Unciála
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1:
Nos sistemas de escritura grego e latino, tipos de letras utilizados ata o ´século VIII d.C., caracterizados polo uso de letras maiúsculas.
 
Foi [[Xerome]] quen deu a estas letras, relativamente grandes, o nome de ''litterae unciales'', isto é, ''letras dunha pulgadapolgada de altura''. Desde o século III d.C. a uncial grega é utilizada, xunto coa latina, na tradición libraria e o seu foco principal de difusión é o norte de África. É nos ambientes cristianoscristiáns onde se desenvolve de xeito máis extenso, é por iso que cando [[Ulfilas]] adapta o alfabeto grego para a súa versión da [[Biblia]] ao [[lingua gótica|gótico]], crea o [[alfabeto gótico]] a partir das unciais gregas.
 
A '''uncial''' é unha grafía particular dos alfabetos [[alfabeto latino|latino]] e [[alfabeto grego|grego]].
Liña 14:
A uncial durou en uso ata o principio do século IX, a partir do cal a [[minúscula carolina]] tende a substituíla. Entre os séculos VIII e XIII, consérvase sobre todo para trazar os principios de libros, de capítulos ou de seccións, á maneira das nosas maiúsculas, nos manuscritos en minúscula carolina ou en [[escritura gótica|gótica]], dúas grafías que lle deben algunhas formas, como as do ''d'' ou do ''a''.
 
Aínda que relegada a un papel ornamental tras a súa época dourada, a uncial continuou a ser empregada para códices completos ata ben despois; so a [[imprenta]] a deu feito desaparecer definitivamente dos usos correntes; con todo aínda hoxe é moi prezada polos [[caligrafía|calígrafos]].
 
Notar que a grafía chamada [[semiuncial]] non deriva da uncial senón da nova cursiva romana e que as [[escrituras nacionais latinas|escrituras nacionais]] desenvolvidas despois da caída do [[Imperio Romano]] ([[escritura lombarda|lombarda]], [[escritura visigótica|visigótica]], [[escritura merovinxia|merovinxia]], [[escritura insular|insular]], etc.) xorden principalmente desta nova cursiva ou da semiuncial no caso das escrituras insulares ([[escritura irlandesa|irlandesa]] e [[escritura anglosaxoa|anglosaxoa]]).
Liña 22:
[[Ficheiro:Onciale latine.png|center|Alphabet complet en onciale]]
 
'''''Nota:''' esta imaxe so representa unha posibilidade de trazado da uncial. En efecto, ao evolucionaren no transcurso dos séculos e dos lugares (por non falar dos escribas), non ofrece unha aparencia fixa e invariable.''
 
A uncial latina caracterízase polas súas curvas. As letras máis características son ''A'', ''D'', ''E'', ''H'', ''M'', ''Q'' e ''V'', que se distinguen das correspondentes en ''quadrata'' e que han deixar a súa pegada no trazado das minúsculas actuais (''via'' un recorrido complexo, porén: as nosas minúsculas non derivan en efecto directamente da uncial). Aínda non existe a letra ''J'' distinta de ''I'' (que tampouco non leva aínda o punto); ''U'' e ''V'' tampouco non se distinguen. Finalmente, ''W'' aínda non fixo a súa aparición.
Liña 32:
As [[abreviación]]s son aínda raras nos manuscritos antigos: as máis frecuentes son os ''nomina sacra'', a suspensión nasal (''M'' en fin de liña é substituído por un trazo subscrito acompañado ou non dun punto, ''N'' por un trazo subscrito). A [[enclítica]] ''-que'' (que significaba ''e'' en [[latín]]) e a [[desinencia]] ''-bus'' de [[dativo]] / [[ablativo]] [[plural]] aparecen ás veces, como en capitais, ''Q.'' e ''B.''; os manuscritos de dereito, con todo, son xa ricos en abreviacións.
 
Atópanse algunha [[ligaturaligadura]]s en final de liña así como o [[E caudata]] (''Ę'') que pode substituír o ''AE'', e que fai a súa aparición a partir do século VI.
 
==Uncial grega==
Liña 40:
 
É a partir da metade do século IV antes da nosa era cando asistimos a unha separación, bastante pouco marcada, entre as capitais lapidarias e as que se empregan para os libros, termo polo que se designa documentos públicas e non privados, que se escriben en diversos tipos que tendían máis ou menos cara cursiva. Os trazos máis sorprendentes atinxen a moi poucas letras; como na uncial latina, os trazos dereitos teñen a tendencia a se curvaren, cousa que permite a escritura sobre [[pergameo]]:
* o sigma toma a forma do [[sigma lunar]] : Σ → С;.
* o épsilon cúrvase (épsilon lunar): Ε → Є ;.
* o omega toma a forma que dará nacemento á minúscula: Ω → Ѡ.
 
Liña 64:
A palabra pode tamén empregarse para designar códices (normalmente cristiáns) escritos nesta grafía ou polo menos en letras capitais gregas, por oposición aos ''cursivos'', escritos en minúsculas gregas. Coñécense numerosos códices en unciais, como:
* o [[codex Vaticanus]];.
* o [[codex Sinaiticus]];.
* o [[codex Alexandrinus]];.
* o [[codex Coislinianus]];.
* o [[Codex Bezae]] (bilingüe grego / latino, en uncial tamén);.
* o [[Codex Petropolitanus]].
 
Liña 81:
==Artigos relacionados==
 
* [[Alfabeto latino]];.
* [[Alfabeto grego]];.
* [[Letras suplementarias do alfabeto grego]];.
* [[Historia do alfabeto latino]];.
* [[Historia do alfabeto grego]];.
* [[Alfabeto gótico]].