Lingua sumeria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 33:
O '''sumerio''' tal e como se falou no antigo imperio sumerio é unha lingua que desapareceu e caeu no esquecemento ata o século XIX, distinguíndose así das outras linguas faladas na rexión, como o [[lingua hebrea|hebreo]], o [[lingua acadia|acadio]], o [[lingua babilonia|babilonio]], o [[lingua asiria|asirio]], todas [[linguas semíticas]].
 
O sumerio é a primeira lingua escrita que coñecemos. A súa escrita, o [[cuneiforme]] (que significa «en forme de cuña») foi logo reutilizada polo [[lingua acadia|acadio]], o [[lingua ugarítica|ugarítico]], e o [[lingua elamita|elamita]]. A [[escritura cuneiforme]] foi mesmo empregada por algunhas [[linguas indoeuropeas]], como o [[lingua hitita|hitita]] (que paralelamente tiña unha escritura [[Escritura xeroglífica hitita|xeroglífico]]) e o [[lingua persa antiga|persa]] antigo, se ben estes últimos non se serviron dos mesmos instrumentos para gravar os signos, afastándose así da grafía orixinal. En efecto, o persa so empregou a forma da escritura, mentres que a pronunciación dos signos xa non tiña nada que ver co sistema orixinal.
 
O sumerio é unha [[lingua aglutinante]], o cal significa que cada palabra está formada por múltiples [[morfema]]s asociados uns aos outros; oponse así ás [[lingua illante|linguas illantes]] como o [[lingua chinesa|chinés]] (onde cada palabra ten so unha forma fixa) e ás [[lingua flexiva|linguas flexivas]], onde as palabras se [[declinación|declinan]] en formas diferentes a través do uso de [[afixo]]s que non poden separarse da [[lexema|raíz]]. Atopamos en sumerio un emprego importante de [[palabra composta|palabras compostas]]: así por exemplo a palabra ''lugal'' que significa «rei» está formada pola unión das palabras ''lu'' «home» e ''gal'' «grande».
 
Tamén é unha [[ergatividade|lingua ergativa]], o que significa que o [[suxeito]], dun verbo [[transitividade|transitivo]] está declinado no caso [[ergativo]], que se marca con ''-e''. O suxeito dun verbo [[intransitividade|intransitivo]] e o obxecto directo dun verbo transitivo van en [[absolutivo]], que en sumerio (como na maior parte das linguas ergativas) está marcado por un [[sufixo]] (ou mesmo o que se chama «sufixo cero», como en ''lugal-e é mu-dù'' «o rei construíu unha casa/un templo/un palacio»; ''lugal ba-gen'' «o rei partiu»).
Liña 41:
==Bibliografía==
 
*M.-L. Thomsen, ''The Sumerian language: An introducciónintroduction to its history and grammatical structure'', Akademisk Forlag, 1987
*D.O. Edzard, ''Sumerian Grammar'', Handbuch der Orientalistisk, Brill, 2003
*[[Rafael Jiménez Zamudio]], ''Gramática de la lengua sumeria'', Ediciones clásicas, Madrid, 1998.