Produto interior bruto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro:Gdp nominal and ppp 2005 world map single colour.png|thumb|350px|Mapa mundial do GDP e PPP no 2005]]
O '''Produto Interior Bruto''' ou '''PIB''' é o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano). O PIB é unha magnitude de fluxo, pois contabiliza so os bens e servizos producidos durante a etapa de estudo.
 
En canto ao cálculo do PIB, pode facerse segundo o custo dos factores ou dos prezos de mercado. A relación entre ámbolos dous obtense restando ao PIB valorado a prezo de mercado, os impostos indirectos ligados á produción (Ti) e restándolle as subvencións á explotación (Su). Aleatoriamente pódense agregar, segundo algúns economistas, os ''royalties''.</br>
Liña 6:
:<math>PIB_{cf} = PIB_{pm} - T_{i} + S_{u} \,</math>
</br>
O PIB é, sen dúbida, a macromagnitude económica máis importante para a estimación da capacidade produtiva dunha economía. Existen outros tipos de macromagnitudes a considerar partindo do PIB: o '''Produto Nacional Bruto''' diferénciase do PIB en que so considera a cantidade fluxo de bens e servizos producidos por nacionais dun país, se ben o PIB non ten en consideración o criterio de nacionalidade.
 
== PIB total ==
É a suma de tódolos bens e servizos que produce un país ou unha economía nun período determinado (Aproximadamente dun ano). Analizado dende o punto de vista do gasto ou demanda, resulta ser a suma dos siguintesseguintes termos:</br>
</br>
:<math>PIB_{pm} = C + I + X - M \,</math>
Liña 19:
 
== PIB nominal e PIB real ==
O '''PIB nominal''' é o valor monetario de tódolos bens e/ou servizos que produce un país ou unha economía a prezos correntes no ano corrente en que os bens son producidos. NembargantesPorén, en situación de inflación alta, un aumento substancial de prezos, aínda cando a produción non aumente demasiado, pode dar a impresión dun aumento substancial do PIB. Para axustar o PIB segundo os efectos da inflación, defínese o '''PIB real''' como o valor monetario de tódolos bens e/ou servizos que produce un país ou unha economía a prezos constantes. Ese cálculo lévase a cabo deflactando o valor do PIB segundo o índice de inflación (ou ben computando o valor dos bens con independencia do ano de produción mediante os prezos dun certo ano de referencia).
 
== PIB per cápita ==
Liña 35:
 
== PIB e benestar social ==
O PIB é usado frecuentemente como unha medida do benestar material dunha sociedade. Iso motiva que politicamente se usen as cifras de crecemento económico do PIB como un indicador de que as políticas económicas aplicadas son positivas. NembargantesPorén tanto o propio [[Simon Kuznets]] creador da contabilidade nacional que deu lugar ao uso do PIB como indicador económico, como numerosos autores posteriores, criticaron o uso do PIB como sinónimo de benestar social. Certamente existen algunhas correlacións positivas entre PIB e medidas claramente relacionadas co benestar social, especialmente en países de renda per cápita inferior a $4000 dólares, sendo a correlación para os países de rendas altas bastante peor. Debido a estas críticas propuxéronse medidas relacionadas co PIB, que contabilicen as externalidades negativas e o efecto da actividade económica sobre o medio ambiente, para ter unha medida máis inclusiva e máis directamente relacionada co benestar social, como por exemplo o Índice de benestar económico sostible ([[IBES]]).
 
[[Categoría:Economía]]