Piñeiro, Cedeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
engadido
Liña 14:
 
 
==Xeografía==
'''San Cosme de Piñeiro''' é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de [[Cedeira]]. Segundo o padrón municipal de [[2007]] tiña 437 habitantes (230 mulleres e 207 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 407 habitantes.
[[Ficheiro:Mapa Piñeiro.PNG|thumb|225 px|left|Localizacion da parroquia no concello de Cedeira]]
 
Na [[xurisdición]] eclesiástica forma parte do [[arciprestado de Xuvia]], pertencente á [[diocese de Mondoñedo-Ferrol]].
 
'''Piñeiro''' sitúase na parte oriental da ría de Cedeira , na beira dereita do río Condomiñas e na esquerda do regato Pontigas. Polo norte o Pontigas xunto co seu afluente Candales sepárana da parroquia de [[Régoa, Cedeira|Régoa]] até a fonte da Balteira. Polo leste linda coa parroquia de [[San Román, Cedeira|San Román]] , e polo sur con esta mesma parroquia na pena de Freixido e no lugar da Trave e coa de [[Esteiro, Cedeira|Esteiro]] dende este lugar até o regato Cordobelas na praia. E polo oeste o límite e a praia de Cedeira e o río Condomiñas.
A estrada dende Ferrol atravesa a parroquia até enlazar no lugar da Area , cunha ponte de tres arcos que a une á vila de Cedeira e coa estrada que chega ao Campo do Hospital pasando polos lugares de Campoalegre, Mosende, Casanova e Casagrande. Tamén parte deste mesma encrucelada na Area outra estrada que chega até Chimparra e os altos da Serra da Capelada.
A esta parroquia pertence o chamado ensanche da vila de Cedeira, o lugar da Area, que hoxe é a entidade da poboación máis importante.
 
 
 
 
 
 
==Patrimonio==
A igrexa parroquial, na honra de San Cosme é de cruz latina e nova construcción. Érguese perto do comenzo da estrada que vai até o Campo do Hospital .Tamén se ergue perto da mesma estrada o edificio que acolleu as escolas e que foi costeado pola sociedade “Hijos de Cedeira en la Habana”.
Neste mesmo lugar da Area, coñecido como ensanche da vila de Cedeira , erguése o grupo escolar e outras edificacións notables xa derruídas construídas ao longo dun peirao nun recheo gañado á ribeira do río Condomiñas.
 
==Pobación==
'''San Cosme de Piñeiro''' é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de [[Cedeira]]. Segundo o padrón municipal de [[2007]] tiña 437 habitantes (230 mulleres e 207 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 407 habitantes.
 
 
==Lugares e Parroquias==
[[Categoría:Cedeira]]
 
==Lugares de Piñeiro==
{{Lp Piñeiro, Cedeira}}
 
==Parroquias de Cedeira==
{{Cedeira}}