Diferenzas entre revisións de «Montoxo, Cedeira»

engadido
(engadido)
{{Parroquias da Coruña en progreso}}
{{Outroshomónimos|Montoxo}}
{{Parroquia
|entidades = 39
}}
'''San Xiao de Montoxo''' é unha parroquia que se localiza no surleste do concello de [[Cedeira]]. Segundo o padrón municipal de [[2007]] tiña 430 habitantes (219 mulleres e 211 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 504 habitantes.
 
==Xeografía==
Na [[xurisdición]] eclesiástica forma parte do [[arciprestado de Xuvia]], pertencente á [[diocese de Mondoñedo-Ferrol]].
[[Ficheiro:Mapa Montoxo.PNG|thumb|225 px|left|Localizacion da parroquia no concello de Cedeira]]
 
'''Montoxo''' está situada no extremo surleste do concello, na beira dereita do río das Mestas e na aba occidental da serra da Capelada, o que fai que este territorio sexa un tanto escarpado. Limita ao norte coa parroquia de [[Régoa, Cedeira|Régoa]] dende o alto da Capelada baixando polo rego do Feal até a ponte da Braxe. Polo leste linda co concello de [[Ortigueira]] dende o rego do Feal polos altos da Capelada e baixando por Penido de Camporredondo, Pedrasmiudas , Peado e Sedeás, até a fonte do rego de Guitín. Polo sur limita co concello [[Cerdido]] dende o anterior rego até a Pasada de Vagariños no río das Mestas. Polo oeste o linde e a parroquia de [[San Román, Cedeira|San Román]], dende a anterior pasada até a Ponte de Braxe no rego de Ferrería.
A estrada de Cedeira que enlaza coa [[AC-862]] de Ferrol a Ortigueira no Campo de Hospital cruza a parroquia polos lugares de Cheda, Teixoeira e Mundín.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
==Patrimonio==
Na beira do rego de Aneiros atopamos a igrexa parroquial na honra de San Xulián e no lugar de Mundín érguese capela de Santo Antón e San Ignacio.
 
 
==Pobación==
'''San Xiao de Montoxo''' é unha parroquia que se localiza no surleste do concello de [[Cedeira]]. Segundo o padrón municipal de [[2007]] tiña 430 habitantes (219 mulleres e 211 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 504 habitantes.
 
 
==Lugares e Parroquias==
393

edicións