393
edicións
(engadido) |
|||
==Xeografía==
'''San Fiz de Esteiro''' é unha parroquia que se localiza no sudoeste do concello de [[Cedeira]]. Segundo o padrón municipal de [[2007]] tiña 562 habitantes (284 homes e 278 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 588 habitantes.▼
[[Ficheiro:Mapa Esteiro.PNG|thumb|225 px|left|Localizacion da parroquia no concello de Cedeira]]
A parroquia de '''Esteiro''' esténdese pola ribeira sur da ría de Cedeira e na marxe dereita do río Porto do Cabo. Ten como lindes polo norte a parroquia de [[Piñeiro, Cedeira|Piñeiro]] separada polo regato de Cordobelas e o alto da Trabe; polo sur limita coas terras do concello de [[Cerdido]] no río Porto do Cabo, e polo oeste o mesmo río separaa das do concello de [[Valdoviño]].
A estrada de Ferrol a Cedeira atravesa esta parroquia de norte a sur bordeando a ría polos lugares de Lamestra, Sáa, Campo da Cruz e Cordobelas. Dende esta sae outra que vai até [[San Román, Cedeira|San Román]] polos lugares de Vilela, Laxe, Sisalde e Noval
==Patrimonio==
Na beira dereita do río Lamestra ao pe da estrada que vai até [[San Román, Cedeira|San Román]] érguese a igrexa parroquial na honra de San Fiz
==Poboación==
▲
==Lugares e parroquias==
[[Categoría:Cedeira]]
|
edicións