Asturias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
LMLM (conversa | contribucións)
m →‎Cidades máis poboadas (2008): Non son cidades, son concellos
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 51:
Ocupada por grupos humanos desde o [[Paleolítico]] Inferior. Durante o [[Paleolítico Superior|superior]] Asturias caracterizouse polas pinturas rupestres do oriente da Comunidade. No [[mesolítico]] desenvolveuse unha cultural orixinal, o asturiense; a continuación introduciuse a [[Idade do Bronce]], caracterizada polos [[megálito]]s e [[túmulo]]s. Na [[Idade do Ferro]], o territorio estivo sometido á influencia cultural [[celtas|celta]]. O pobo celta dos [[ástures]] comprendía tribos como os lugones, pésicos, etc., que poboaron todo o territorio ástur de [[castro]]s, antigos poboados celtas. A influencia celta aínda perdura hoxe cos topónimos de ríos e montañas, así como nomes de poboacións.
 
[[Ficheiro:Congas de Onis.JPG|210px|thumb|left|Ponte romana de [[Cangas de Onís]]]]A conquista [[Roma antiga|romana]] tivo lugar entre os anos [[-29|29]] e [[-19|19 a. C.]]. Pouco tempo despois o centro e oriente do actual territorio asturiano pasaría a pertencer ao [[Conventus asturicensis]], tamén coñecido como ''Asturia'', e que acabaría por designar o territorio ao norte da Cordilleira cantábrica. Tras a reforma territorial de Dioceciano, todo o [[Conventus asturicensis]] pasaría a formar parte da nova provincia romana da [[Gallaecia]], e baixo esta denominación perdurará ata a Baixa Idade Media.
 
Tras varios séculos sen presenza estranxeira, os suevos conseguiron poñer baixo o seu reino gran parte do occidente asturiano, ata, polo menos, o río Narcea. Pola súa banda tamén os visigodos intentaron ocupar o territorio no [[século VI]]. O territorio, como sucedera con [[Imperio Romano|Roma]] e [[Toledo]], non foi fácil de someter, e de feito, aínda coa detrución da [[monarquia visigoda]] a mans dos musulmáns, e a posterior islamización de [[Hispania]], o territorio asturiano permaneceu en mans dunha aristocracia autóctona, capaz de gobernar o país. Dentro do coñecido como [[reino de Galicia]] ou de ''Galicia e Asturias'', o territorio asturiano vai gozar de gran relevancia dentro da coroa, que establecera a súa capital na cidade asturiana de [[Oviedo]], os numerosos monumentos prerrománicos falan dunha etapa florecente para [[Asturias]]. A decisión, no entanto, pouco despois do traslado da corte a [[León]], minguara sen dúbida o esplendor de antano, relegando [[Oviedo]] e a súa rexión á condición de antiga sede palatina. Durante os séculos medievais, o illamento propiciado pola cordilleira cantábrica fai que as referencias históricas sexan relativamente escasas. Tras a rebelión do fillo de [[Henrique II de Trastámara]], establécese realmente o ''Principado de Asturias''. Houbo varios intentos de independencia, os máis coñecidos foron o conde Gonzalu Pelaiz ou a raíña Urraca (a asturiana), que aínda conseguindo importantes vitorias ao final foron derrotados polas tropas castelás.
Liña 59:
O [[8 de maio]] de [[1808]], a Xunta Xeral do Principado de Asturias declara a guerra a [[Francia]] e proclámase soberana, creando exército propio e enviando embaixadores ao estranxeiro, sendo o primeiro organismo oficial de España en dar ese paso. O [[1 de xaneiro]] de [[1820]], o oficial Rafael de Riego sublévase en Cádiz proclamando a Constitución de 1812.
 
[[Ficheiro:Duro 1920.jpg|250px|thumb|Siderurxia en [[La Felguera]] en [[1920]]]]A partir de [[1830]] comeza a explotación do [[carbón]], iniciando a [[revolución industrial]] na comunidade. Máis tarde estableceríase a industria siderúrxica e naval.
 
O [[6 de outubro]] de [[1934]] comezou unha rebelión na cunca mineira provocada porque os revolucionarios non admitiron a entrada da [[CEDA]] no goberno. A Revolución de 1934 tivo a Asturias por escenario principal.