Muhammad XII de Granada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: oc:Boabdil
Liña 8:
Nado na [[Alhambra]], fillo de [[Muley Hacén]] e da sultana [[Aixa]], sublevouse en [[Guadix]] contra o seu pai en [[1482]] e accedeu ao trono grazas ao apoio dos [[Abencerraxes]] e da súa propia nai. Combateu o seu pai e tío, os cales tamén se consederaban lexítimos reis de [[Reino de Granada|Granada]]. Durante a [[batalla de Martín González]], no termo municipal de [[Lucema]], foi apresado polos [[Reis Católicos]].
 
A súa liberación implicou darlle ao [[Reino de Castela]] a parte do reino que gobernaba [[el Zagal]], o que favoreceu a penetración castelá e a finalización da guerra o [[2 de xaneiro]] de [[1492]] coa toma de [[Granada, España|Granada]] polos [[Reis Católicos]]. Boabdil asegurouse a colaboración das tropas castelás no seu exilio en [[Fez]] en [[1493]] ante unha posible rebelión.
 
Segundo unha lenda [[Andalucía|andaluza]] cando saíu de [[Granada, España|Granada]] camiño do exilio nas [[Alpujarras]], no momento de coroar un outeiro, voltou a cabeza para ver a súa cidade por última vez e chorou mentres a súa nai lle dicía: {{cita|''Chora como unha muller o que non soubeches defender coma un home''|Aixa, nai de Boabdil.}} Debido a isto ese outeiro recibe o nome do [[Puerto del Suspiro del Moro]].
 
No seu exilio nas [[Alpujarras]] instalouse na poboación almeriense de [[Laujar de Andarax]], sendo esta a súa última residencia na [[Península Ibérica]] antes de partir cara [[África]].