Joaquín Poza Cobas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
inicio artigo
 
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Fillo de [[Laureano Poza Estévez]]. Libreiro e impresor, na súa imprenta situada na rúa Michelena imprimiríanse, por exemplo, os Documentos, inscripciones, monumentos, extractos de manuscritos, tradiciones, noticias, etc. para la Historia de Pontevedra, de Casto Sampedro Folgar (1902), algúns números da revista Nos, numerosos regulamentos de sociedades obreiras ou periódicos como ''El Amigo del Pueblo'', de Vigo. Tiña tamén unha librería na praza Indalecio Armesto.
 
Vencellado ao movemento republicano da cidade xa a finais do século XIX, en 1900 aparece como administrador do periódico ''[[La Unión Nacional]]'' portavoz dese movemento. En 1904 é un dos asinantes, en nome de El Grito del Pueblo, que convoca ao mitin que Lerroux vai dar en Pontevedra. Dirixente do Partido Radical dende os seus inicios, nas alturas de 1906. Será tamén director dos periódicos ''[[El Grito del Pueblo]]'', órgano do Partido Republicano, e ''[[La Libertad (Pontevedra)|La Libertad]]''. En 1907 é o seu administrador e, dende 1908, director e propietario, imprimíndose nos seus talleres tipográficos. Logo o substituirá o seu fillo Joaquín.
 
É tamén un dos asinantes do manifesto dos republicanos galegos á Xunta Directiva da Alianza Republicana en 1928. Socio do Centro Republicano de Pontevedra, militará inicialmente no [[Partido Radical-Socialista]], aínda que se daría de baixa posteriormente. En 1935 ingresa en [[Unión Republicana (España 1934)|Unión Republicana]].
 
Casado con Pilar Juncal, irmá de [[José Juncal Berduya]], entre os seus fillos destacaron