As (xornal): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución e adaptación da wikipedia en castelán
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 35:
O xornal creouse en [[1967]] tomando o nome dunha anterior publicación, o ''Semanario Gráfico As'' que se editou desde [[1932]] ata [[1936]]. A familia de editores Montiel, encabezada entón por [[Luís Montiel Balanzat]], decidiu aproveitar a nova Lei de Prensa de [[1966]] para lanzar ao mercado un xornal de carácter diario, chamado ''Diario As'', que competise directamente con [[Marca (xornal)|Diario Marca]] a nivel nacional. O primeiro número das saíu ao mercado o [[6 de decembro]] de [[1967]] cunha portada dedicada ao tenista [[Manuel Santana]] e ao boxeador "[[Juan Albornoz|Sombrita]]", e o seu primeiro director foi [[Luís González de Linares]]. Nos [[anos 90]], As converteuse no primeiro diario con todas as súas páxinas a cor e no segundo diario deportivo máis vendido en [[España]].
 
Tras uns anos con perdas no xornal deportivo, en [[1996]] o Grupo Montiel pon á venda varias publicacións entre as que se inclúe As. De forma paralela, o [[Grupo PRISA]] estaba planificando a posta en marcha dun novo diario deportivo, pero a venda das fixo que a empresa envorcase todos os seus esforzos na compra da cabeceira na que tamén estaba interesado o [[Grupo Zeta]]. Finalmente, Vicente Montiel vende a [[Grupo PRISA|PRISA]] o diario As o [[12 de xullo]] de [[1996]]. A nova empresa mantería o mesmo equipo de traballadores ás ordes do Grupo Montiel, salvo nos cargos directivos nos que [[Julián García Candau]] abandonaría para porse no seu lugar [[Alfredo Relaño]]. Por outra banda, Vicente Montiel pasaba a ser o presidente do Consello de Administración e nas firmas do diario comezaron a aparecer xornalistas que tamén traballaban en [[El País]], [[CadeaCadena SER]] ou [[Canal+]].
 
Actualmente As é o diario deportivo máis lido en [[Madrid]] e continúa como segundo diario deportivo de [[España]] -por detrás de [[Marca (xornal)|Marca]]-, tanto en tirada como en vendas e distribución.