Parlamento Vasco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ca:Parlament Basc; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Parlamento vasco 1.jpg|thumb|300px|right|Vista exterior da sé do Parlamento Vasco en [[Vitoria]]]]
O '''Parlamento Vasco''' ('''Eusko Legebiltzarra''', en [[éuscaro]]) exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos do [[País Vasco]] e impulsa e controla a acción do [[Goberno Vasco]]. Representa, así mesmo, aos cidadáns vascos. A súa sede atópase na capital da [[Comunidade Autónoma Vasca]], [[Vitoria]].
 
== Historia ==
Na constitución do Parlamento Vasco tralas eleccións de [[2005]], foi elixida presidenta a deputada [[Izaskun Bilbao]], do [[PNV|Partido Nacionalista Vasco]]. O seu primeiro presidente foi [[Juan José Pujana]] (PNV - afiliado en EA desde 1986), ao que sucederon [[Jesús Eguiguren]] ([[PSE-EE]]), [[Joseba Andoni Leizaola]] ([[PNV]]) e [[Juan María Atutxa]] (PNV).
 
Liña 13:
O Parlamento Vasco aprobou, na súa sétima lexislatura, unha lei destinada a promover a igualdade de dereitos entre homes e mulleres que incluía, como novidade, a obrigación de que todas as candidaturas electorais incluísen o polo menos un cincuenta por cento de mulleres no conxunto da lista e en cada tramo de seis candidatos. Igualmente establecíanse medidas para que os e as candidatas fosen colocados nas listas de modo que tivesen as mesmas oportunidades de ser elixidos. A consecuencia desta normativa é que o Parlamento Vasco está composto hoxe por corenta mulleres e trinta e cinco homes.
 
== Participación cidadá ==
Esta institución está a desenvolver un proceso que pode resultar interesante para os politólogos e os cidadáns interesados na participación dos cidadáns nos procesos de decisión. É o primeiro de España en dispor dunha lista de distribución de correo electrónico que permite a calquera cidadán elixir os temas que quere seguir, recibir información personalizada sobre a súa evolución, enviar aos grupos parlamentarios comentarios ou suxestións e acceder a toda a documentación orixinal desde a mensaxe que se recibe. Os expedientes dixitais aos que se accede inclúen, ademais de documentos orixinais, arquivos de vídeo dos debates.
 
Este proxecto denomínase ''zabalik'' (aberto). [http://www.parlamento.euskadi.net/c_que_es_zabalik.html Máis información]
 
== Composición na VIII lexislatura ==
PNV e EA presentáronse en coalición por segunda vez consecutiva coa defensa do [[Plan Ibarretxe]] como punto central da súa campaña. Malia gañar as eleccións nos tres territorios, a coalición perdeu catro escanos (de 33 a 29), aínda que os catro se restaron ao PNV, xa que EA volveu a acadar 7 escanos. O [[PSE]] superou en escanos novamente ao PP por vez primeira desde 1990. Por vez primeira tamén dende a desaparición de [[Euskadiko Ezkerra]], dúas forzas da [[esquerda abertzale]] obtiveron representación: o [[Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista]] (PCTV-EHAK), para o cal pediu o voto a ilegalizada en España [[Batasuna]], e [[Aralar]], unha escisión de [[Herri Batasuna]] contraria á violencia de [[ETA]].
 
Dende 2005:
 
* [[Partido Nacionalista Vasco]] (EAJ-PNV): 22 escanos
* [[Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra]] (PSE-EE): 18 escanos
* [[Partido Popular]] (PP): 15 escanos
* [[Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista]] (EHAK): 9 escanos
* [[Eusko Alkartasuna]] (EA): 7 escanos
* [[Ezker Batua Berdeak]] (EB): 3 escanos
* [[Aralar]]: 1 escano
 
== Composicións previas ==
; 1980. I Lexislatura
 
Única lexislatura con 60 parlamentarios, 20 por territorio.
 
* [[Partido Nacionalista Vasco]] (EAJ-PNV): 25 escanos (37,9%)
* [[Herri Batasuna]] (HB): 11 escanos (16,48%)
* [[Partido Socialista de Euskadi]] (PSE): 9 escanos (14,5%)
* [[Unión de Centro Democrático (España)|Unión de Centro Democrático]] (UCD): 8 escanos (10,9%)
* [[Euskadiko Ezkerra]] (EE): 4 escanos (7,28%)
* [[Alianza Popular (España)|Alianza Popular]] (AP): 2 escanos (4,75%)
* [[Partido Comunista de España]] (PCE-EPK): 1 escano (4%)
 
;1984. II Lexislatura
Liña 48:
Primeira lexislatura con 75 parlamentarios, 25 por territorio.
 
* [[Partido Nacionalista Vasco]] (EAJ-PNV): 32 escanos (%)
* [[Partido Socialista de Euskadi]] (PSE): 19 escanos (%)
* [[Herri Batasuna]] (HB): 11 escanos (%)
* [[Alianza Popular (España)|Alianza Popular]]-[[PDP]]-UL (AP-PDP-UL): 7 escanos (%)
* [[Euskadiko Ezkerra]] (EE): 6 escanos (%)
 
 
Liña 59:
Prodúcese unha escisión no [[Partido Nacionalista Vasco]] da que nace [[Eusko Alkartasuna]]. Debido a esta división, o [[Partido Socialista de Euskadi]] gañaría as eleccións en número de escanos (grazas á súa vitoria en [[Guipúscoa]] e [[Álava]]), pero o PNV se imporía en número de votos totais (271.208 fronte a 252.233).
 
* [[Partido Socialista de Euskadi]] (PSE): 19 escanos (%)
* [[Partido Nacionalista Vasco]] (EAJ-PNV): 17 escanos (%)
* [[Herri Batasuna]] (HB): 13 escanos (%)
* [[Eusko Alkartasuna]] (EA): 13 escanos (%)
* [[Euskadiko Ezkerra]] (EE): 9 escanos (%)
* [[Alianza Popular (España)|Alianza Popular]]-PL (AP-PL): 2 escanos (%)
* [[Centro Democrático y Social]]: 2 escano (%)
 
;1990. IV Lexislatura
Liña 71:
Primeiras eleccións autonómicas trala refundación de [[Alianza Popular (España)|Alianza Popular]] no [[Partido Popular]]. A refundación supón un cambio de estratexia política que supón a aceptación do ''statu quo'' autonómico e da pertenza de Álava ao País Vasco, para recuperar electorado nas outras dúas provincias (en 1986 os dous únicos parlamentarios de AP foron por Álava). Porén, isto provoca que [[Unidad Alavesa]] se escinda do PP e pase a defender a separación de Álava da [[Comunidade Autónoma do País Vasco]]. Será un movemento que colla forza ao comezo e que acabou reintegrándose no PP en 2005, tras non acadar os seus obxectivos.
 
* [[Partido Nacionalista Vasco]] (EAJ-PNV): 22 escanos (%)
* [[Partido Socialista de Euskadi]] (PSE): 16 escanos (%)
* [[Herri Batasuna]] (HB): 13 escanos (%)
* [[Eusko Alkartasuna]] (EA): 9 escanos (%)
* [[Partido Popular]] (PP): 7 escanos (%)
* [[Euskadiko Ezkerra]] (EE): 5 escanos (%)
* [[Unidad Alavesa]]: 3 escanos (%)
 
;1994. V Lexislatura
Liña 83:
Trala integración de [[Euskadiko Ezkerra]] no [[Partido Socialista de Euskadi]], por fin consigue [[Esquerda Unida (España)|Esquerda Unida]], mediante a súa marca vasca [[Ezker Batua]], regresar ao Parlamento Vasco (dende 1980, como [[Partido Comunista de España]]-[[Euskadiko Partidu Komunista]] non o conseguía). O [[Partido Popular]] supera por primeira vez ao [[PSE-EE]] en escanos, grazas ao seu auxe en Guipúscoa, onde aproveita o maior equilibrio entre PNV e EA para colocarse como primeira forza. Unidad Alavesa acada os mellores resultados da súa historia con 5 parlamentarios. Curiosamente, preséntase tamén por Biscaia e Guipúscoa, onde non acada representación, pero si 1.489 e 839 votos, respectivamente.
 
* [[Partido Nacionalista Vasco]] (EAJ-PNV): 22 escanos (%)
* [[Partido Popular]] (PP): 13 escanos (%)
* [[Partido Socialista de Euskadi]] (PSE): 12 escanos (%)
* [[Herri Batasuna]] (HB): 9 escanos (%)
* [[Eusko Alkartasuna]] (EA): 8 escanos (%)
* [[Ezker Batua]] (EB): 6 escanos (%)
* [[Unidad Alavesa]]: 5 escanos (%)
 
;1998. VI Lexislatura
Liña 95:
As eleccións se produciron por primeira vez baixo o goberno estatal do [[Partido Popular]] e ademais, nunha situación de excepcionalidade, xa que poucos días antes [[ETA]] declarou unha tregua indefinida. Este feito marcou as eleccións e fixo que a participación fose moi alta. PNV e EA empeoraron lixeiramente os seus resultados, xa que ante a situación se viron reforzados tanto o Partido Popular, por estar no Goberno de España, como a denominada esquerda ''abertzale'', que se presentou baixo a marca [[Euskal Herritarrok]] e obtivo os mellores datos da súa historia: 257.561 votos e volveu a ser, 18 años despois, a segunda forza do País Vasco. O PNV gañou en Biscaia, EH en Guipúscoa e o PP en Álava. O PSE obtivo o peor resultado proporcional da súa historia e UA afundiuse cun único deputado.
 
* [[Partido Nacionalista Vasco]] (EAJ-PNV): 21 escanos (%)
* [[Euskal Herritarrok]] (EH): 17 escanos (%)
* [[Partido Popular]] (PP): 16 escanos (%)
* [[Partido Socialista de Euskadi]] (PSE): 11 escanos (%)
* [[Eusko Alkartasuna]] (EA): 6 escanos (%)
* [[Ezker Batua]] (EB): 3 escanos (%)
* [[Unidad Alavesa]]: 1 escano (%)
 
;2001. VII Lexislatura
Liña 109:
Este "frontismo" beneficiou ao [[nacionalismo vasco]] moderado, xa que como resposta, PNV e EA se presentaron en coalición, gañando nas tres provincias e obtendo 33 parlamentarios e o 42,37% dos votos, mentres que PP e PSE non conseguían sobrepasarlles, obtendo menos escanos (32 entre ambos) e votos (40,6% en total con 22,9% e 17,7% respectivamente). Estes resultados propiciaron un novo tripartito (PNV-EA-EB) en minoría, con 36 escanos sobre 75. [[Euskal Herritarrok]], trala ruptura da tregua, sufriu un importante castigo electoral que lle fixo perder 10 escanos (de 17 a 7) e obter os peores resultados da historia da esquerda ''abertzale''. Unidad Alavesa decidiu non concorrer e incluír á súa parlamentaria nas listas do PP.
 
* [[Partido Nacionalista Vasco]] (PNV): 33 escanos (%)
* [[Partido Popular]]: 19 escanos (22,9%)
* [[Partido Socialista de Euskadi]] (PSE): 13 escanos (17,7%)
* [[Eusko Alkartasuna]] (EA): 7 escanos (%)
* [[Euskal Herritarrok]] (EH): 7 escanos (10%)
* [[Ezker Batua]] (EB): 3 escanos (5,5%)
 
;2005. VIII Lexislatura
 
* [[Partido Nacionalista Vasco]] (PNV): 22 escanos
* [[Partido Socialista de Euskadi]] (PSE): 18 escanos
* [[Partido Popular]] (PP): 15 escanos
* [[Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista|EHAK]]: 9 escanos
* [[Eusko Alkartasuna]] (EA): 7 escanos
* [[Ezker Batua]] (EB): 3 escanos
* [[Aralar]]: 1 escano
 
== Histórico ==
Liña 174:
</div>
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.parlamento.euskadi.net Páxina oficial do Parlamento Vasco] {{Eu}}{{Es}}
 
 
{{DEFAULTSORT:Vasco}}
 
[[Categoría:Parlamentos]]
 
[[ca:Parlament bascBasc]]
[[en:Basque Parliament]]
[[es:Parlamento Vasco]]