Partido Republicano Radical Socialista en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
Pacto de Lestrobe
Liña 1:
O '''[[Partido Republicano Radical Socialista]]''' aparece xa, ao pouco de escindirse do [[Partido Republicano Radical]], no [[Pacto de LestroveLestrobe]] (19291930) que dá orixe á [[Federación Republicana Gallega]] pero a súa implantación en [[Galicia]] era mínima e despois de proclamada a [[Segunda República Española|Segunda República]] deixa a federación, os radicais socialistas tan só poden presentar candidatura en [[Ourense]] nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións a Cortes Constituíntes]] de xuño de [[1931]] en coalición coa FRG e o [[Partido Nazonalista Republicán de Ourense]] conseguindo 2 escanos. Ao longo do ano 1931 o PRRS establece agrupacións locais no resto das cidades galegas, contando con arredor dun milleiro de militantes e varios miles máis en sociedades agrarias vencelladas ao partido na provincia de Ourense e as alcaldías de [[Vigo]] e [[A Coruña]]<ref>Bernardo Máiz, ''Galicia na II República e baixo o franquismo'', Vigo, 1988, páx. 24</ref>. Contaba como órgano de prensa con ''[[El Noroeste]]''.
En 1933 o partido deixa de existir en Galicia polas diferenzas internas, en 1934 a maior parte dos seus militantes acabaron por entrar en [[Unión Republicana]] e o sector minoritario participou na formación de [[Izquierda Republicana]].