Robert Smith: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 28:
 
Tivo a súa primeira guitarra eléctrica como regalo de Nadal e recibíu algunhas clases. Comezou a versionar cancións da época cos seus amigos [[Lol Tolhurst]] e [[Michael Dempsey]]. En outubro de [[1976]] a banda, chamada Malice e que xa contaba con [[Porl Thompson]], comezou a ensaiar máis en serio e a realizar algún concerto. En xaneiro de [[1977]] a banda tomou o nome de "Easy Cure", e participou nun concurso de maquetas. Días máis tarde recibiron un telegrama onde lles convocaban para unha audición en [[Londres]]. Asinaron co selo Hansa, que finalmente rexeitou gravar o tema "Killing an Arab" e en agosto de [[1978]] reuníronse con Polydor, xa co nome [[The Cure]], e naceu o seu primeiro álbum, ''[[Three Imaginary Boys]]''.
 
=== Estética ===
Smith axudou a popularizar o estilo gótico coa súa imaxe habitual comosta por beizos pintados de vermello, pel pálida, o seu cabelo cardado negro, roupas tamén negras e zapatillas de deporte; unha estética que comezou a usar a principios dos anos 80.
 
As súas composicións para os primeiros álbums da banda centrábanse en temas como a depresión, a soidade e o illamento. O estado de ánimo sombrio deses traballos, xunto co seu comportamento no escenario, cementaron a imaxe gótica da banda.
 
A estética de [[The Cure]] pasou de sombría a psicodélica co seu álbum ''[[The Top]]''. En [[1986]], Smith alterou a súa imaxe, aparecendo nos concertos e nas fotos promocionais co pelo curto de punta e vestindo polos.
 
{{DEFAULTSORT:Smith, Robert}}