Robert Smith: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Tradución da wiki en castelán
arranxiños; retiro datos duplicados
Liña 20:
}}
 
'''Robert James Smith''', (nado en [[Blackpool]] o [[21 de abril]] de [[1959]], en [[Blackpool]], [[Inglaterra]]) é guitarrista, vocalista e compositor do grupo [[Inglaterra|inglés]] de rock [[The Cure]]. É o seu líder e único membro permanente dende a formación da banda en [[1976]].
 
Smith toca, ademais da guitarra, o baixo de 6 cordas e os teclados. O seu peculiar e intrincado xeito de tocar a guitarra e o uso innovador dos efectos de flanger, chorus e phaser fixeron que fose considerado un guitarrista pioneiro no [[new wave]] e o [[indie rock]]. Robert tamén tocou na banda [[Siouxsie & the Banshees]].
 
== Biografía ==
Smith nació en [[Blackpool]], ([[Lancashire]], [[Inglaterra]], o [[21 de abril]] de [[1959]]). Criouse nunha familia católica de clase traballadora que se trasladou a [[Sussex]]. Estudou na Notre Dame Middle School e na St. Wilfrid's Comprehensive School en [[Crawley]], e con 14 anos formou o seu primeiro grupo co seu irmán Richard e a súa irmá Janet.
 
Tivo a súa primeira guitarra eléctrica como regalo de Nadal e recibíu algunhas clases. Comezou a versionar cancións da época cos seus amigos [[Lol Tolhurst]] e [[Michael Dempsey]]. En outubro de [[1976]] a banda, chamada Malice e que xa contaba con [[Porl Thompson]], comezou a ensaiar máis en serio e a realizar algún concerto. En xaneiro de [[1977]] a banda tomou o nome de "Easy Cure", e participou nun concurso de maquetas. Días máis tarde recibiron un telegrama onde lles convocaban para unha audición en [[Londres]]. Asinaron co selo Hansa, que finalmente rexeitou gravar o tema "Killing an Arab" e en agosto de [[1978]] reuníronse con Polydor, xa co nome [[The Cure]], e naceu o seu primeiro álbum, ''[[Three Imaginary Boys]]''.
 
{{DEFAULTSORT:Smith, Robert}}
[[Categoría:Personalidades da música]]