Serra do Suído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
Predominan as rochas de orixe metamórfica, especialmente o granito herciano ben visible nos afloramentos froito da perda dos sedimentos que os cubrían, aínda que tamén se atopan rochas estratificadas como os xistos. As formas son dondas e suaves con numerosos chans nas elevacións (Chan do Libro, Chan de Valdohome, Campo Largo...).
 
Solos ácidos e húmidos onde nacen os ríos [[Río Tea|Tea]], [[Río Oitavén|Oitavén]] e [[Río Verdugo|Verdugo]] de cara a o oeste, e o [[Río Avia]] de cara o Leste. Todos eles baixan en rápidos e fervenzas de gran beleza como a [[Fervenza de Mouriscados]] ou Abelenda, a [[Freixa do Xesta]] ou alto Oitavén e a Fervenza de Verducido.
 
O punto máis elevado é a Sesta Cerrada con 1059 metros de altitude. Existen outros puntos que sobardan os mil metros de altitude como o Coto dos Xarotos ou o Portiño Escuro. Albíscanse uns certos efectos periglaciais como as [[turbeira]]s e a degradación das rochas por cuña de xeo. Estamos ante a zona máis chuviosa de Galicia onde as precipitacións chegan aos 2862 mm de media).
 
==Hábitats==