Músculo supinador curto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: "O '''músculo supinador curto''' é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo. == Orixe e insercións == A orixe é dobre: * ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de setembro de 2010 ás 22:12

O músculo supinador curto é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.

Orixe e insercións

A orixe é dobre:

  • A porción superficial ou umeral áchase no epicóndilo lateral do úmero. Hay febras de inserción no ligamento anular e no ligamento colateral radial.
  • A porción fonda ten a súa orixe na crista do músculo supinador curto na superficie posterolateral do cúbito.

Ambas dúas porcións únense e cobren a superficie posterior do radio na parte superior, para despois insertárense coma un único tendón na superficie lateral do mesmo óso, por encima da inserción do músculo pronador redondo.

Función

Supina a man.

Inervación

É inervado pola póla fonda do nervio radial.