Dorna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
tamaño de imaxe
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Dorna (homónimos)}}
[[Ficheiro:Nasa11dorna05eue.JPG|thumb|right|300px|Dorna portando nasas.]]
A '''dorna''' é unha [[embarcación de pesca]] típica das [[Rías Baixas]] de aproximadamente 4,5060 metros de [[eslora]] e 1,50 metros de [[manga]], coa [[proa]] redonda que sobresae da [[cuberta]], a [[popa]] chata e pequena e [[quilla]] pronunciada. Evoluciona cunha única [[vela de relinga]] (ás veces se lle pon un pequeno [[foque]] usado para capear os temporais) e leva dous remos de apoio para cando vai "calma podre". Xeralmente leva dous tripulantes, o patrón á [[cana]] e o mariñeiro ás [[drizas]], que é quen se ocupa do izado da vela, aínda que poden ir tres persoas abordo con relativa comodidade ou incluso ser patroneada por un único tripulante.
 
==Procedencia==
[[Ficheiro:Zenaida.jpg|thumb|right|Dorna navegando a vela.]]
Segundo diversos estudos, realizados entre outros polo [[Suecia|sueco]] Staffan MorlingMörling sobre as dornas do Mar de Ons ou polo galego Xaquín Lorenzo na [[ría de Arousa]], este tipo de embarcación podería ter unha procedencia [[viquinga]], debido ás similitudes formais e de construcción cos [[drakkar]] dos viquingos. Segúndo esta teoría a '''dorna''' toma recursos formais e constructivos dos navíos [[viquingo]]s, que poderían ter chegado nas frecuentes invasións dos pobos do norte de Europa que pretendían asediar [[Santiago de Compostela]] durante a Alta [[Idade Media]], con características de pouco calado, evolución a vela (con aparellos moi sinxelos), [[roda]] de proa sobre a cuberta, [[bañeira]] aberta, etc.
 
==Características formais==
A '''dorna''' é unha embarcación totalmente fabricada de madeira, construída ó [[tingladillo]] coas táboas da [[obra viva]] xustapostas, montando unhas sobre outras, reducindo o risco de vías de auga e simplificando a construción, o que lle confire maior estabilidade á costa dunha perda de hidrodinámica (este tipo de construción denomínase "de [[escarva]] ou [[calime]]").
A quilla da dorna non abrangue toda a eslora, xa que pola parte de popa hai un tercio de lanzamento do casco que a quilla non soporta. As [[caderna|cadernas]] sobresaen da cuberta, formando [[toletes]] ou apoios dos remos nuns casos (tres toletes para dous remos, un a popa e dous na liña media, para o avance normal a remo, e dous toletes de menor tamaño a proa usados con remos pequenos para a pesca con [[espello]]), e noutros casos puntos que serven de guía para a disposición de [[liña|liñas]] ou de paso da escota. Leva un timón de grande tamaño que se prolonga por debaixo dado lanzado de popa ata a [[quilla]], actuando como [[orza]] ademáis de como timón, gobernado mediante unha [[cana]] de madeira, xeralmente dunha soa peza. Coa aparición do motor mariño de explosión, a dorna sufriu un redeseño da [[estampa]] de popa, introducíndoselle unhas pezas de madeira que permiten o acoplamento dun pequeno motor [[foraborda]].
 
==Medidas==
As dornas medíronse tradicionalmente en cuartas de quilla (aproximadamente 21 cm cada cuarta) e polgadas, e segundo o tamaño da quilla, podíase sabe-lo tamaño da dorna.
Pr exemplo: unha dorna de nove cuartas de quilla menos dúas polgadas ven tendo unha eslora entre perpendiculares de 4,60 m aproximandmente.
 
==Variantes==