Piñeira, Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Liña 29:
Na actualidade só queda unha festa, a Festa do Santo Cristo, que se celebra o derradeiro Domingo de Setembro. Noutrora celebrábanse as de San Xoán (24 de Xuño) e a do Santo Rosario (27 de Decembro), pero perdéronse. Cara ao norte desta parroquia atopamos as praias de Olga e da Areosa. Na vista cara o interior apercíbese unha concentración parcelaria que pode dar impulso a esta parroquia; na espera de que nalgún momento haxa un polígono industrial.
[[Ficheiro:IgrexaPinheiraRibadeo.JPG|thumb|right|Igrexa parroquial]]
 
==Historia: ==
A freguesía xunto a outras próximas foron doadas no ano [[1182]] por [[Fernando II]] ao bispo de Mondoñedo para que establecese a capital da diocese en Mondoñedo. Pero outros historiadores fan saber que o nome de Piñeira ten unha escura relación coa posibilidade de que antano nesta zona fose abundante, ademais do carballo, o piñeiro de mar.