Escudo de San Marino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Coat of arms of San Marino from 1862 by Alexander Liptak.png|right|150px]]
No '''escudo de armas de [[San Mariño]]''' figuran, nun campo de [[azur]], tres picos de sínople que representan as [[Torres de San Mariño|tres rochas]] do [[Monte Titano]] da [[Cidade de San Mariño|capital de San Mariño]]: Cesta, Guaita e Montale. Sobre as tres rochas, tres torres de prata e sobre as torres, colocadas en pau, tres plumas de prata.
 
O escudo ten forma de corazón e está bordeado de [[Ouro (heráldica)|ouro]]. Aparece rodeado por dúas ramas, unha de [[loureiro]] e outra de [[aciñeira]] e está timbrado cunha coroa forrada de [[goles]], pechada por catro diademas, vistas tres, decoradas con perlas e rematadas cun orbe e unha cruz. A coroa representa a [[soberanía]] da República de San Mariño.