Diferenzas entre revisións de «Circuíto pechado de televisión»

m
sen resumo de edición
 
mSem resumo de edição
Un '''circuíto pechado de televisión''' (CPTV) é un sistema de [[televisión]] que distribúe sinais procedentes de cámaras de [[vídeo]] localizadas en lugares específicos e estratéxicos cara a un ou máis puntos de visualización, o seu uso máis común é a vixilancia e control por parte da [[policía]], da seguridade privada ou do [[exército]] de áreas sensibles como edificios gobernamentais, entidades financeiras, [[central nuclear|centrais nucleares]], [[aeroporto]]s, [[porto]]s, redes de metro, estacións de ferrocarril, centros comerciais, estadios ou instalacións militares pero tamén se utilizan para o control do [[tráfico]] en [[cidade]]s, [[estrada]]s e [[autoestrada]]s, o control de determinados fenómenos naturais<ref>[http://vulcan.wr.usgs.gov/Monitoring/Descriptions/description_video_tv.html Cascades Volcano Observatory] </ref>, a [[medicina]] <ref>[http://www.cancerinfo.es/index.php?textoid=23&orden=42 Cancerinfo]</ref> ou o ensino <ref>Verman, Romesh. ''Distance Education In Technological Age'', p.87</ref>.
== Desenvolvemento ==
No [[Reino Unido]] é o país onde a policía máis desenvoveu o uso do circuíto pechado de televisión, comezou a utilizarse en [[1956]] en [[Durham]] para axudar no control do tráfico, e en 1960 utilizouse en acontecementos temporais, 1969 había 14 forzas de policía de diferentes cidades que as utilizan con 67 cámaras<ref>[http://library.queensu.ca/ojs/index.php/surveillance-and-society/article/viewFile/2729/2769 Clive Norris, Mike McCahil e David Wood ''Editorial. The Growth of CCTV: a global perspective on the international diffusion of video surveillance in publicly accessible space'' ''Surveillance & Society'' ]</ref>. Nos [[Estados Unidos]] foi a cidade de [[Olean]] (Nova York) a primeira en utilizar o sistema como medio de vixilancia das rúas en 1968 <ref>[http://dspace.library.uvic.ca:8080/bitstream/1828/818/1/walby_2005.pdf Kevin Walby ''The Rise of Open-Street CCTV Surveillance in Canada'']</ref> e no Reino Unido foi [[Bournemouth]] foi a primeira cidade en implentar o uso do CPTV para vixiar rúas en [[1985]].
== Notas ==
{{Listaref}}
4.504

edicións