Alexandre I, arcebispo de Alexandría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
Alexandre aínda que foi xentil cos arianos, tamén foi determinado. Moitos acúsano de comprometer a posición da Igrexa, aínda que outros autores afirman que foi impetuoso a causa da súa posición irredutíbel. Non obstante, debe ser considerado como un campión na ensinanza da [[Igrexa Católica]] o que está acreditado ao incluílo no seu [[Santoral católico|santoral]] polo seu celo pastoral, celebrándose a súa festividade o [[26 de febreiro]] na igrexa católica, na [[Igrexa ortodoxa]] o 29 de maio e na Igrexa Copta o [[17 de abril]].
 
Durante moito tempo dirixiuse a [[Ario]] intentando convencelo do seu erro antes da súa [[excomuñón]], no [F[321]]. A excomuñón foi confirmada no [[Sínodo]] de Alexandría. A súa Circular [[Episcopal]] sobre a herexía ariana sobreviviu, ao tempo que é unha parte importante da literatura eclesiástica daquel período.
 
Como bispo, Alexandre prefería aos [[monxe]]s, destacando aqueles que vivían como [[eremita]] s no deserto, a quen consideraba como modelo para as súas ovellas. Tamén insistiu na caridade cos pobres na diocese baixo o seu control, virtudes polas que foi famoso.