Diferenzas entre revisións de «Tetrarquía»

arranxiños
m (bot Engadido: et:Tetrarhia)
(arranxiños)
Dividiu o seu poder sobre o imperio entre os sectores orientais (''pars Orientis'') e occidentais (''pars Occidentis''). Mantivo o control persoal do sector leste e o seu colega [[Maximiano]] controlou o occidente. Diocleciano non dividiu propiamente o poder co seu compañeiro de armas Maximiliano, pois, na realidade, Diocleciano estaba colocado en posición superior á de Maximiliano. A partir de aí, o Imperio pasou a ter dos Augustos (''augustus''), cada cal con exército, administración e capital propios, aínda que Diocleciano continuase a ser o xefe do Estado, representando a unidade do mundo romano.
 
Oito anos máis tarde, considerando que era necesaria maior concentración en problemas cívicos e militares, decidiu dividir aínda máis o poder ao nomear un "Imperator Iunior", ou [[César]] (''caesar''), reportando a cada "Imperator Senior", ou [[Augusto]]. Os Césares eran xefes militares capaces de gobernar e protexer o imperio, adoptados como fillos polos Augustos, a quen sucederían en caso de morte, incapacidade provocada pola vellez ou transcorridos vinte anos dos seus gobernos. Os césares, lugartenente dos Augustos, tamén posuían capital, exército e administración propios. A esa organización dáselle o nome de tetrarquía, ou o goberno de catro, pois hai dosdous Augustos e dous césares. A Tetrarquía durou ata [[324]].
 
O pai de [[Constantino I o Grande|Constantino I]], [[Constancio Cloro]] foi nomeado César na Tetrarquía en [[293]]. Despois da abdicación de Diocleciano ([[305]]), tivo inicio unha guerra entre os Augustos e os Césares por el nomeados. Instaurouse a anarquía. En [[312]], no combate da [[Ponte Milvia]], Constantino derrotou a Maxencio. De 316 a 323, [[Constantino I o Grande|Constantino]] e Licinio gobernaron [[Roma Antiga|Roma]]. A partir de [[323]], Constantino pasou a gobernar só.
 
[[Categoría:Imperio Romano]]
52.839

edicións