Diferenzas entre revisións de «Post-grunge»

m
bot Modificado: de:Post-Grunge; cambios estética
m (bot Engadido: id:Post-grunge)
m (bot Modificado: de:Post-Grunge; cambios estética)
O '''post-grunge''' é un subxénero do [[rock alternativo]] que emerxeu a principios dos anos 90 como un derivado da música [[grunge]], utilizando os sons e a estética deste pero cun estilo máis comercial.
 
== Orixes ==
Xeralmente, as bandas etiquetadas como tal son bandas moi influídas polo [[grunge]], e a súa música adoita incorporar guitarras distorsionadas, letras cheas de angustia, e o dinamismo "alto-baixo" do [[grunge]], pero producido dun xeito máis comercial.
 
Aínda que hai excepcións, moitos grupos de post-grunge non especifican ás bandas de [[grunge]] como influencias. Máis ben, acostuman citar como tales ás bandas que influenciaron o desenvolvemento do [[grunge]] mesmo, coma os [[Melvins]] e as primeiras bandas de [[hard rock]] coma [[Led Zeppelin]] e [[Black Sabbath]].
 
== Historia ==
Os primeiros álbums exitosos do post grunge foron ''[[Sixteen Stone]]'', da banda británica [[Bush]], e ''[[Throwing Copper]]'' de [[Live]]. Estes traballos contiñan gran cantidade de ''hits'', ao contrario que os álbums máis recentes de bandas [[grunge]] como [[Nirvana]] e [[Pearl Jam]], que só contaban cun ou dous ''hits''. Bandas coma [[Everclear]], [[Collective Soul]], [[Silverchair]] e [[Candlebox]] non tardarían en seguilos.
 
Hoxe en día hai unha serie de bandas aínda comercialmente florecentes dentro deste xénero, entre elas destacan [[Nickelback]], [[Three Days Grace]], [[Puddle of Mudd]], [[Seether]] e [[3 Doors Down]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=77:2771 Sobre o post-grunge no site ''All Music Guide'']
 
[[ca:Post-grunge]]
[[cs:Post-grunge]]
[[de:Post -Grunge]]
[[en:Post-grunge]]
[[es:Post grunge]]
76.277

edicións