Samaritanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Samaritanci
m Substitución automática de "04580005.jpg" por "Samaritans_on_Mount_Gerizim,_West_Bank_-_20060429.jpg" segundo o ordenou [[commons:User:ZooFari|ZooF
Liña 1:
[[Ficheiro:Shomroni tora2.jpg|thumb|Samaritano coa Torah samaritana]]
Os '''samaritanos''' constitúen un grupo étnico de [[Oriente Medio]] que teñen relación cos habitantes da [[Samaria]] histórica desde o exilio de Babilonia ata o comezo do cristianismo. Os samaritanos considéranse descendentes de dúas tribos de [[Israel]], Efraín e Menashé mentres os sacerdotes veñen da tribo de Leví, pero non se consideran [[Xudaísmo|xudeus]]. Para os xudeus os samaritanos son orixinarios do [[Kurr]] e foron desprazados para Samaria polos [[asiria|asirios]]. A súa relixión, o [[samaritanismo]] está baseada na Torah e para eles é a verdadeira relixión dos antigos israelitas, antes do [[Templo de Xerusalén]]. A separación entre xudeus e samaritanos data do século IV antes da nosa era. Os samaritanos, uns 700 no ano 2005, residen maioritariamente nas localidades de [[Kiryat Luza]] preto do [[Monte Gerizim]] e en [[Holón]]. Os samaritanos falan ben árabe en Kiryat Luza ou hebreo en Holón como lingua habitual pero utilizan liturxicamente o [[hebreo samaritano]], hebreo bíblico escrito en [[alfabeto samaritano]] e o [[arameo samaritano]].
[[Ficheiro:04580005Samaritans_on_Mount_Gerizim,_West_Bank_-_20060429.jpg|thumb|Samaritanos no Monte Gerizim]]
Os samaritanos negan a santidade de [[Xerusalén]], para eles o verdadeiro lugar elixido por [[Deus]] é o monte Gerizim, celebran o sábado dunha forma moi ríxida: visten roupas especiais, rezan pola madrugada, desconectan os aparellos eléctricos. A [[Pascua]] é a festividade máis importante dos samaritanos, xúntanse durante vinte días no monte Gerizim. Os samaritanos contan o tempo desde a chegada á Terra Prometida e así o ano 2007 é para os samaritanos o ano 3645