El Intermedio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
ultima edición boa
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:El Intermedio; cambios estética
Liña 1:
'''''El Intermedio''''' é un programa de televisión producido por [[Globomedia]] e emitido pola cadea de televisión [[La Sexta]]. Está presentado por [[El Gran Wyoming]], coa colaboración de [[Beatriz Montañez]], [[Cristina Peña]], Thais Villas, Yolanda Ramos e Usun Yoon. Este programa tamén ten a súa versión en Internet, a través de [[Second Life]].
 
== Historia do programa ==
''El Intermedio'' estreouse o [[30 de marzo]] de [[2006]] e consiste nun espazo de actualidade en clave de humor. O programa comezou sendo semanal, de dúas horas de duración e máis tarde pasou a emitirse de luns a xoves, cunha duración diaria de 30 minutos. Unha das características do programa é a actitude critica coa [[Igrexa]] Católica e coa cadea [[Cope]].
== Contido ==
Trátase dun espazo de actualidade en clave de humor que comezou sendo semanal de dúas horas de duración e máis tarde pasou a emitirse de luns a xoves durante arredor de 30 minutos diarios. No programa non só se narra o acaecido na actualidade, senón que tamén se critica e se parodia como o contan os demais medios de comunicación. Teñen cabida, por tanto, os grandes temas da actualidade semanal, ademais de outros temas. Todo o contido está relacionado co universo mediático.
 
=== Invitados ===
Entre a longa lista dos invitados que recibiu o programa dende a súa estrea están os galegos [[Pepe Domingo Castaño]], [[Paula Vázquez]] e [[Cristina Saavedra]] entre outros. Tamén estiveron políticos como [[Carme Chacón]], [[Gaspar Llamazares]], [[Pedro Zerolo]], [[Josep Antoni Duran i Lleida]] ou [[José Antonio Labordeta]]; actores como [[Elena Ballesteros]], [[Fernando Tejero]], [[Hugo Silva]], [[Michelle Genner]], [[José Coronado]], [[Ariadna Gil]], [[Leonor Watling]], [[Antonio Resines]], [[Malena Alterio]] ou [[Belén Rueda]]; xornalistas como [[Hilario Pino]], [[Helena Resano]] ou [[Mamen Mendizábal]] e músicos como [[Pasión Vega]], [[Malú]], [[Alaska]] e [[Antonio Carmona]].
 
=== Seccións ===
* '''Lo que España vota, va a Misa'''.
* '''Fritanga de medios:''' Beatriz Montañez presenta a actualidade diaria con dose de humor
* '''Expediente Iker:''' Cristina Peña satiriza o programa ''Cuarto Milenio'', de Iker Jiménez, emitido pola cadea televisiva [[Cuatro]].
* '''Todo sobre mi madre:''' Yolanda Ramos presenta esta sección na que os telespectadores envían críticas a Wyoming.
* Ademais de todo isto, Thais Villas e Usun Yoon soen facer entrevistas e [[reportaxe]]s a pé de rúa.
 
== Véxase tamén ==
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.lasexta.com/Principal/SeriesYProgramas/Programas/elintermedio.htm Páxina oficial]
* [http://akas.imdb.com/title/tt0786800/ IMDB]
* [http://www.globomedia.es/ Globomedia]
 
[[Categoría:Programas de televisión]]
 
[[es:El intermedioIntermedio]]
[[pt:El intermedio]]