Domingos de Guzmán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 47:
Nesa dispersión enviara sete discípulos a [[París]]. Cando en 1219 visitou aquela cidade había máis de trinta dominicos ingresados na Orde co título de doutor, outro tanto aconteceu en [[Boloña]]. De contado os dominicos vinculáronse ás [[universidade]]s desas cidades. Domingos, a diferencia de [[Francisco de Asís]], a quen coñeceu e con quen se profesaba mutuo afecto, teimaba na necesidade dunha elevada formación teolóxica e nun fondo coñecemento das Sagradas Escrituras. A Domingos se lle atribúe tamén a difusión entre o pobo crente da oración denominada [[Santo Rosario]] que estivo moi estendida na cristiandade universal
 
En 1220 o papa, en troques de impulsar unha nova [[cruzada]], organizou unha gran Misión por Europa e confiou a Domingos a dirección da mesma co dereito non só a declarar misioneiros aos da súa orde, senón a seleccionar tamén [[cistercienses]], [[beneditinos]], [[agostiños]]. Nesta misión Domingos esgotou os seus últimos folgos. O 1 de agosto xa non podía terse en pe e consentiu por primeira vez que lle puxeran un colchón de lá na súa cela. O 6 de agosto, con apenas forzas, lembroulle aos seus irmáns, a modo de "herdanza", a necesidade de permanecer no amor, na humildade e na continencia e, temendo que o trasladaran, pediu morrer ao pe dos seus irmáns.
 
Foi canonizado por [[Gregorio IX]] en [[1234]]. O seu corpo repousa en Boloña.