Domingos de Guzmán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
[[Ficheiro:Shrine of Saint Dominic,.JPG|esquerda|thumb|200px|Tumba de Domingos de Guzmán, en [[Boloña]].]]
 
Tal foi o impacto, que, cando Domingos se estableceu nunha aldea chamada Prulla ([[Prouille]]), xa era predicador e delegado pontificio expedindo certificados de predicación e velando pola pobreza e autenticidade vital dos predicadores. Porén, pasado o primeiro entusiasmo, abades e monxes que participaran nesta misión abandonaron, deixando a Domingos practicamente só no seu lugar de Prulla. O Bispo de Osma, que tivera que partir, finou ao pouco tempo. Nembargantes, un grupo de mulleres convertidas da herexía para o catolicismo formaron alí unha comunidade á que Domingos deu unha serie de normas de vida e á que lle encomendou o que para el era a misión principal: a [[oración]] que dera éxito a unha empresa que semellaba esmorecer. Este sería o primeiro convento de [[dominicas]].
 
Todo pareceu virse abaixo cando foi asasinado o legado pontifico superior e director das misións [[Pedro de Castelnau]]. Foi acusado do crime o conde de Tolosa. O Papa promoveu entón unha cruzada dirixida a sangue e lume polo cruel [[Simón de Montfort]]. Iniciábase a [[cruzada albixense]] que dexenerou nun auténtico [[xenocidio]] do pobo occitano. Nese clima de morte e destrución que se prolongou por lustros, en 1212 a Domingos se lle ofertou o bispado de [[Cominges]] pero el rexeitouno con sinxeleza.
 
Se xa aos predicadores de Domingos e a el se lles trataba naquelas terras con desprezo, o clima bélico encirrou máis a xenreira colectiva contra eles, que; recibían cantazos, cuspiñadas, insultos, difamacións e aldraxes. Poñendo en risco a súa vida e en total inermitude, Domingos foi predicar a [[Carcasona]] onde recibiu inmundicias, barro, cuspe e toda caste de insultos. O bispo nomeouno vicario ''in spiritualibus'', isto é, só para actividades espirituais, non as xudiciais ou administrativas que Domingos sempre refugaba, aínda que acabou aceptando ser párroco de [[Fangeaux]] o 25 de maio de [[1214]]. En 1215 o arcebispo de [[Auch]], a proposta unánime dos cóengos, ofértalle o bispado de [[Conserans]], pero con teimosía Domingos rexeita a oferta. Quixo adicarse de cheo á predicación, camiñando sen folgos e descalzo, cunha túnica paupérrima, sen petos nin alforxas, cinguido cunha correa e por todo equipaxe o [[Evanxeo de Mateu]] e as epístolas de [[Paulo de Tarso]]. Era obxecto de múltiples humillacións que non lle arrincaban unha fonda alegría coa que animaba aos seus compañeiros.
 
Estes extremos non eran compartidos por toda a xerarquía católica e o [[Concilio de Montpellier]] prohibiu aos predicadores católicos iren descalzos. Daquela Domingos decidiu calzarse ao chegar ás cidades pero o resto do camiño facíao sen sandalias.