Célula nai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: mr:मूलपेशी
Elisardojm (conversa | contribucións)
xenerar -> xerar
Liña 2:
As '''células nai''' ou células troncais (''stem cells'') son células capaces de autorrenovarse por case infinitas divisións mitóticas, ou ben de continuar a vía de [[diferenciación celular]] ata produciren células especializadas. A maioría de tecidos dun individuo adulto posúe unha poboación específica propia de células [[nai]] que permiten a súa renovación periódica ou a súa rexeneración cando se produce algún dano tisular. Algunhas células nai adultas son capaces de diferenciarse en máis dun tipo celular, como as células nai mesenquimáticas e as células nai hematopoiéticas, mentres que outras se cre que son precursoras directas das células do tecido no que se atopan, como as células nai da [[pel]] ou as células nai [[gónada|gonadais]].
 
As células nai embrionarias son aquelas que se atopan no [[embrión]] de ata 4-5 días de idae e que teñen a capacidade de formar todos os tipos celulares dun organismo adulto. Unha característica fundamental das células nai embrionarias é que poden manterse (no corpo ou nunha placa de cultivo) de forma indefinida. O feito de que unha soa célula nai sexa capaz de formar case calquera tipo de célula abre o emprego destas células como forma de experimentación para curar [[enfermidade]]s ou rexenerarrexerar tecidos danados, como ocorre na rama da ciencia denominada [[enxeñaría de tecidos]].
 
== Potencialidades ==
As células nai pódense clasificar de acordo co tipo de células que poden xerar:
 
* '''[[Totipotencia|Totipotentes]]''': poden producir todos os tipos celulares. As células embrionarias poden producir incluso ectodermo, endodermo e mesodermo. Nas extraembrionarias é capaz de xenerarxerar as células da [[placenta]].
* '''[[Pluripotencia|Pluripotentes]]:''' poden producir case todos os tipos celulares do embrión (ectodermo, mesodermo e endodermo) mais non poden xerar a placenta e anexos.
* '''[[Oligopotencia|Oligopotentes]]:''' poden producir células dentro dunha única linaxe ou capa xerminal.
Liña 31:
En bioloxía empréganse basicamente dous tipos de células nai.
* '''Célula nai embrionaria''' (''pluripotentes''): na actualidade son empregadas coma modelo para estudar o desenvolvemento embrionario e para entender cales son os mecanismos e os sinais que permiten a unha célula pluripotente chegar a formar calquera célula plenamente diferenciada do organismo. É frecuente na actualidade que se conxele a placenta do bebé, xa que no futuro sería unha importante fonte de células nai.
* '''Célula nai adulta''': nun individuo adulto coñécense até o de agora ao redor de 20 tipos distintos de células ani, que son as encargadas de rexenerarrexerar tecidos en continuo desgaste (como a [[pel]] ou o [[sangue]]) ou danados (coma o [[fígado]]). A súa capacidade é máis limitada para xerar células especializadas. As células nai [[hematopoiesis|hematopoiéticas]] da medula ósea (encargadas da formación do sangue) son as máis coñecidas e empregadas na clínica dende hai tempo. Na mesma medula, aínda que tamén no sangue do [[cordón umbilical]], no sangue periférico e na [[graxa]] corporal atopouse outro tipo de célula nai, denominada [[tecido mesenquimático|mesenquimal]] que pode diferenciarse en numerosos tipos de células dos tres derivados embrionarios (musculares, vasculares, nerviosas, hematopoiéticas, óseas etc.). Aínda que aínda non se puido determinar a súa relevancia fisiolóxica estanse a realizar abundantes ensaios clínicos para substituír tecidos danados ([[corazón]]) por derivados destas células.
As células nai poderíanse empregar para testar e probar medicamentos en tecidos antes de se aplicaren a humanos. Os campos máis avanzados nos que se emprega a célula nai atópanse na [[enxeñaría tisular]], sobre todo en tecidos epiteliais ou óseos, ademais do sangue.