Piemonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ga:Píodmant
Liña 200:
== Economía ==
[[Ficheiro:Piemonterisaie.jpg|thumb|Campos de arroz Campos de arroz entre Novara e Vercelli]]
[[Ficheiro:2006 Olympics Opening Ceremony.jpg|thumb|Os [[Xogos Olímpicos]] de inverno de 2006 supuxeron un pulo económico para a rexión]]
[[Ficheiro:Torino Valle di Susa01 2009-06-20.jpg|thumb|Turín ao pé dos Alpes]]
A rexión do Piemonte mistura unha baixa natalidade cunha antiga tradición industrial. Así pois a súa man de obra está composta principalmente por inmigrantes do [[Véneto]] e do sur italiano. Durante moito tempo a industria foi o motor económico rexional. Os produtos agrícolas máis cultivados son os [[cereal|cereais]], [[pataca]]s, hortalizas, [[cana de azucre]], [[froita]] e forraxe. Nas zonas dos outeiros é máis acentuado o cultivo da [[vide]]. enEn canto á gandería, está sobre todo concentrada no bovino e porcino.
 
Máis da metade da poboación piemontesa vive na provincia de [[Turín]], cidade que xorde na confluencia do [[río Po|Po]] e o [[Dora Riapria]]. Debido a esta dispoñibilidade de [[auga]], favoreceuse o nacemento das primeiras industrias da zona: muíños, ferrerías e pequenos talleres de artesanía funcionaban grazas á auga. A partir de [[1945]] a cidade comezou a desenvolverse moi rápido, en parte grazas á presenza da [[FIAT]] que viviu a súa etapa de maior progreso durante os anos cincuenta, cando comezou a vender os primeiros utilitarios. Turín non é só famosa polo sector automobilístico e a súa industria auxiliar (pneumáticos, industrias químicas de vernices e materiais plásticos) senón tamén pola industria alimentaria. Esta concentración de tanta actividade industrial produciu unha importante conxestión urbanística, chegando os limites da cidade aos outeiros que a rodean, ficando os edificios concentrados nun espazo moi restrinxido.
 
A partir de [[1974]] (ano no que Turín acadou o seu máximo de poboación, 1.119.197 habitantes), a área turinesa foise desconxestionando, en parte a causa da deslocalización industrial que redistribuíu as industrias da capital entre todo o Piemonte e o sur de Italia, favorecendo o retorno de moitos traballadores emigrantes á terra de orixe, dende entón Turín perdeu cerca de 300.000 habitantes (no último censo contaba con 902.000), e toda a rexión sufriu unha grave [[crise económica]] que terminou recentemente grazas ao impulso vivido cos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2006]], que favoreceron a imaxe internacional da cidadcidade, aumentando o [[turismo]], o que levou a que a cidade pasase de ser un importante centro industrial e comercial (que aínda é) a un importante destino turístico (sobre todo no eido dos deportes de inverno).
 
En canto o resto do Piemonte, a economía ao norte do Po é máis próspera que a do sur. [[Biella]] é un dos máis importantes centros italianos da industria laneira, [[Vercelli]] é un grande mercado europeo do arroz e conta tamén con fábricas téxtiles e químicas, mais sobre todo [[Novara]], cidade que se atopa máis preto de [[Milán]] que de Turín, coas súas industrias alimentares, téxtiles, mecánicas e gráficas. Outras cidades importantes son Chivasso, situada entre os outeiros de Turín e os de Monferrato, considerada a "bomba" dos arrozais de Vercelli, Novara e da Lomellina, debido a un grandioso mecanismo que bombea continuamente auga do Po ao canal [[Cavour]]. Alba, famosa polas trufas e pola industria hostaleira, [[Stresa]], importante centro turístico das ribeiras piemontesas do Lago Maggiore ou Pinerolo, cidade da cabalería. No Piemonte meridional encontramos Cuneo, Asti, no río [[Tanaro]] cunha situación privilexiada ao pé da estrada que une [[Xénova]] e Turín, cun importante mercado de produtos agrícolas e un centro de elaboración vinícola.
 
Por último destacar outro capítulo importante da economía piemontesa, o [[chocolate]]. Na rexión prodúcense 80.000 toneladas por un valor de 800 millóns de euros, empregando máis de 5.000 traballadores.