Asclepio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hy:Ասկլեպիոս; cambios estética
Liña 2:
Na [[mitoloxía grega]], '''Asclepio''' (en [[lingua grega|grego]] Ασκληπιός = ''Asklepios'', en [[latín]] ''Aesculapius'', de onde vén o nome alternativo ''Esculapio'') era o [[deus]] da [[medicina]].
 
== Traxectoria ==
Era tido por fillo de [[Apolo]] e de [[Coronis]] (filla de [[Flexias]], rei dos [[lapitas]]). Asclepio representa o aspecto curativo das artes médicas, mentres as súas fillas [[Aceso]], [[Iaso]], [[Hixia]], [[Aglaea]] e [[Panacea]] (literalmente "curalotodo") simbolizan o poder da limpeza, da menciña e da saúde.
 
Liña 9:
Asclepio aprendeu a ciencia da curación sob guía do [[centauro]] [[Quirón]], que lle ensinou todos os secretos das plantas. Como médico acompañou aos [[argonautas]] na busca do [[velociño de ouro]]. Mais Asclepio superaría ao seu mestre, pois non só sandaba, senón que mesmo comezou a resucitar os mortais. Tamaña ousadía trouxolle a animadversión do deus do ultramundo, [[Hades]]. En castigo, un lóstrego lanzado por [[Zeus]] acabou con a súa vida. A súa tumba colócase en [[Epidauro]], sobre a que se ergue un templo.
 
== Culto ==
Despois da súa morte recibíu culto. O máis famoso dos seus santuarios foi o de [[Epidauro]], no Norleste do [[Peloponeso]]. Outros santuarios de sona foron o da illa de [[Cos]], onde parece que [[Hipócrates]], fundador da medicina racional, comezou a súa carreira; o de [[Trikala]] e o de [[Pérgamo]], en [[Asia Menor]], lugares onde se chegou a organizar un [[sacerdocio]] especializado, ausente na maior parte do mundo helénico. Para [[Elio Arístide]] (''Discursos sagrados''), Asclepio é o máis grande dos deuses e o máis querido dos mortais. A doutrina [[hermetismo|hermética]] transformao nun deus conservador do [[Universo]].
 
En honra de Asclepio usábanse serpes non [[rito]]s de curación. Cobras non venenosas deixábanse en cestas no chan dos cuartos onde doentes e feridos dormían. A comezos do 300 a.C., o culto de Asclepio foi popularísimo. Os seus templos eran denominados [[asclepieion]] e os peregrinos acudían a eles para ser curados. Dormían toda a noite e contaban os seus soños a un sacerdote no día seguinte ([[incubatio]]). O sacerdote entón prescribía unha cura, a miudo consistente nunha visita aos baños ou ao ximnasio. Lewis Farnell sostén que nalgún deses templos usábanse cans sagrados para lamber as feridas dos enfermos demandantes.
 
O orixinal e antigo [[xuramento hipocrático]] comezaba cunha invocación na que figuraba Asclepio: "''Xuro por Apolo Curador e por Asclepio e por Hixia e Panacea e por todos os deuses...''". Os eruditos manteñen que este xuramento non debeu ser redacrado por Hipócrates, senón por outros da súa escola ou ben por seguidores de Pitágoras.
Liña 44:
[[hr:Asklepije]]
[[hu:Aszklépiosz]]
[[hy:Ասկլեպիոս]]
[[id:Asklepios]]
[[is:Asklepios]]