Pedofilia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Véxase tamén
Xoacas (conversa | contribucións)
Amplío + referencio
Liña 1:
A '''pedofilia''' (do grego παιδοφιλια e este de παις-παιδος ''páis-paidós'', «pícaro, cativo, neno», e φιλíα ''filía'', «amizade») é aunha inclinaciónparafilia sexualconsistente porna parteatracción desexual [[adulto]]scara a sentirnenos unhaque atracciónainda sexualnon primariachegaron cara aá [[nenopuberdade]]s.
 
==Características==
Considérase ''paidofilia'' etimoloxicamente máis correcto que ''pedofilia'', se ben esta segunda forma é máis usada. Na linguaxe común, pedófilos son considerados aqueles que abusan sexualmente a nenos. Porén, «pedofilia» confúndese co termo «pederastia». A pesar de que etimoloxicamente significan o mesmo (xa que ambas as dúas se basean en paidós: «neno» ou «adolescente»), a pedofilia non se refire ao [[abuso]] sexual, senón á mera [[tendencia]] sexual ou atracción sentida por un home adulto cara a un menor.
Para ser clasificado como pedófilo unha persoa ten que ter 16 anos ou máis, ter polo menos 5 anos máis que o neno, ter actuado conforme á súa tendencia ou terse sentido trastornado por ela. As preferencias sexuais dos pedófilos son moi específicas e a súa conduta é normalmente crónica e moi duradeira.<ref>{{cita libro| autor =SARASON, B.; SARASON, I.G.| título =[http://books.google.com/books?id=U9aZ9cSXuRoC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Psicopatología: psicología anormal : el problema de la conducta inadaptada]| ano =2006| publicación =Pearson Educación| id = ISBN 9702608414}} {{es}}</ref>
 
A conduta pedofílica pode adoptar diversas formas que van dende a exhibición das partes íntimas do corpo do pedófilo, bicar ou acariciar sexualmente o corpo do neno, tocar as súas partes íntimas, inducilo a tocar as partes íntimas do pedófilo ou realizar o coito co neno. A meirande parte das vítimas de pedofilia non buscan axuda dos servizos sociais e moitos non lle comunican á súa familia a agresión sufrida. Arredor do 12% dos homes e o 17% das mulleres reportaron ter sufrido tocamentos por unha persoa adulta cando eran nenos.
 
Os medios de comunicación veñen prestando atención á pedofilia dende que se descubriu que un número importante de sacerdotes da [[Igrexa Católica]] abusou sexualmente de nenos e adolescentes. Este feito provocou a protesta pública e o pago de indemnizacións por cantidades moi elevadas. Como resultado deste escándalo moitos membros do clero foron despoxados do sacerdocio e outros enfróntanse a cargos legais.
 
Algúns pero non todos os violadores de nenos poden clasificarse como pedófilos. En xeral, a distinción que se fai entre pedófilos e outros delincuentes sexuais é que os pedófilos só se excitan cos nenos pero mostran ningunha ou menor excitación con persoas adultas. Porén na investigación da resposta sexual dos pedófilos empregando un pletismógrafo para medir a variación do tamaño do pene durante a exposición a estímulos, atopou que algúns dos participantes con condutas pedofílicas no seu currículo responderon tanto a nenos como a adolescentes ou adultos. Unha hipótese que explicaría este feito mantén que algúns pedófilos escollen a nenos porque son inofensivos ou porque poden ser idealizados por seren capaces de dar amor incondicional.
 
==Notas==
{{referencias}}
 
==Véxase tamén==