Plexo braquial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''plexo braquial''' é unha formación nerviosa. É un plexo somático formado polas pólas anteriores dos nervios espinais de C5 a C8, e pola maior parte da póla anterior de T1. Orixínase no [[pescozo]], diríxese cara fóra e abaixo, acercándose á primeira [[costela]], para finalmente introducirse na [[axila]]. Forma todos os nervios principais da extremidade superior. A parte proximal do plexo discorre por detrás da [[arteria subclavia]] no [[pescozo]], mentres que as partes máis distais do plexo rodean a [[arteria axilar]].
 
== '''Raíces''': ==
As raíces do plexo braquial son as pólas anteriores de C5 a C8 e a maior parte de T1. Preto da súa orixe, as raíces reciben as '''pólas comunicantes posteriores''' do tronco simpático. Estes levan as febras posganglionares simpáticas ás raíces, para que se distribúan pola periferia. As raíces e os troncos sitúanse no triángulo posterior do [[pescozo]], pasando entre os músculos [[músculo escaleno|músculo escaleno anterior]] e o [[Músculo escaleno|escaleno medio]], e por detrás e por riba da [[arteria subclavia]].
 
== '''Troncos''': ==
os tres troncos do plexo braquial orixínanse nas raíces, pasan por fóra da primeira [[costela]] e entran na [[axila]]:
* O tronco superior está formado pola unión das raíces C5 e C6.
Liña 12:
O tronco inferior sitúase sobre a primeira costela, por detrás da [[arteria subclavia]]. Os troncos medio e superior teñen unha posición máis superior.
 
== '''Divisións''': ==
cada un dos troncos divídese nunha división anterior e nunha posterior:
* As tres divisións anteriores forman a parte do plexo braquial que dará lugar aos nervios periféricos encargados de inervar os compartimentos anteriores do [[brazo]] e do [[antebrazo]].
Liña 19:
Non existe ningún nervio periférico que se orixine directamente das divisións do plexo braquial.
 
== '''Fascículos''': ==
os tres fascículos do plexo braquial orixínanse das divisións e se relacionan coa segunda parte de [[arteria axilar]].
* O fascículo lateral fórmase pola unión de divisións anteriores dos troncos superior e medio, e polo tanto deriva de C5 a C7, situándose lateralmente á segunda parte da arteria axilar.
Liña 27:
A maioría dos nervios periféricos da extremidade superior orixínanse nos fascículos do plexo braquial. Polo xeral, os nervios dos compartimentos anteriores da extremidade superior surxen dos fascículos medial e lateral, e os nervios relacionados cos compartimentos posteriores orixínanse no fascículo posterior.
 
== '''Pólas''' ==
* Pólas das raíces: ademais das pequenas pólas segmentarias de C5 a C8 para os músculos do pescozo, e as aportacións de C5 a C8 para os músculos do pescozo e as aportacións de C5 ao [[nervio frénico]], as raíces do plexo braquial dan lugar aos nervios [[nervio dorsal da escápula|dorsal da escápula]] e [[nervio torácico longo|torácico longo]].