Plexo braquial: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1:
O '''plexo braquial''' é unha formación nerviosa. É un plexo somático formado polas pólas anteriores dos nervios espinais de C5 a C8, e pola maior parte da póla anterior de T1. Orixínase no [[pescozo]], diríxese cara fóra e abaixo, acercándose á primeira [[costela]], para finalmente introducirse na [[axila]]. Forma todos os nervios principais da extremidade superior. A parte proximal do plexo discorre por detrás da [[arteria subclavia]] no [[pescozo]], mentres que as partes máis distais do plexo rodean a [[arteria axilar]].
== '''Raíces''': ==
os tres troncos do plexo braquial orixínanse nas raíces, pasan por fóra da primeira [[costela]] e entran na [[axila]]: O tronco inferior sitúase sobre a primeira costela, por detrás da [[arteria subclavia]]. Os troncos medio e superior teñen unha posición máis superior.
cada un dos troncos divídese nunha división anterior e nunha posterior: Non existe ningún nervio periférico que se orixine directamente das divisións do plexo braquial.
os tres fascículos do plexo braquial orixínanse das divisións e se relacionan coa segunda parte de [[arteria axilar]]. A maioría dos nervios periféricos da extremidade superior orixínanse nos fascículos do plexo braquial. Polo xeral, os nervios dos compartimentos anteriores da extremidade superior surxen dos fascículos medial e lateral, e os nervios relacionados cos compartimentos posteriores orixínanse no fascículo posterior.
As únicas pólas que surxen dos troncos do plexo braquial son dous nervios que se orixinan no tronco superior: o [[nervio supraescapular]] e o [[nervio do músculo subclavio]].
Hai tres nervios que se orixinan total ou parcialmente no fascículo lateral. Son:
Hai cinco pólas:
Todos estes nervios, excepto o radial, inervan os músculos relacionados coa parede posterior da axila; o nervio radial diríxese cara o brazo e antebrazo. Os nervios '''subescapular superior''', '''toracodorsal''' e '''subescapular inferior''' orixínanse de forma consecutiva no fascículo posterior e se dirixen directamente aos músculos relacionados coa parede posterior da axila. O '''subescapular superior''' é un nervio curto, que se dirixe cara ao [[músculo subescapular]] para inervalo. O '''toracodorsal''' é o máis longo destes tres nervios e se dirixe verticalmente ao longo da parede posterior da axila e inerva os músculos [[Músculo subescapular|subescapular]] e [[Músculo redondo maior|redondo maior]].
|