Plexo braquial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''plexo braquial''' é unha formación nerviosa. É un plexo somático formado polas pólas anteriores dos nervios espinais de C5 a C8, e pola maior parte da póla anterior de T1. Orixínase no [[pescozo]], diríxese cara fóra e abaixo, acercándose á primeira [[costela]], para finalmente introducirse na [[axila]]. Forma todos os nervios principais da extremidade superior. A parte proximal do plexo discorre por detrás da [[arteria subclavia]] no [[pescozo]], mentres que as partes máis distais do plexo rodean a [[arteria axilar]].
 
* '''Raíces''': As raíces do plexo braquial son as pólas anteriores de C5 a C8 e a maior parte de T1. Preto da súa orixe, as raíces reciben as '''pólas comunicantes posteriores''' do tronco simpático. Estes levan as febras posganglionares simpáticas ás raíces, para que se distribúan pola periferia. As raíces e os troncos sitúanse no triángulo posterior do [[pescozo]], pasando entre os músculos [[músculo escaleno|músculo escaleno anterior]] e o [[Músculo escaleno|escaleno medio]], e por detrás e por riba da [[arteria subclavia]].
 
* '''Troncos''': os tres troncos do plexo braquial orixínanse nas raíces, pasan por fóra da primeira [[costela]] e entran na [[axila]]:
** O tronco superior está formado pola unión das raíces C5 e C6.
** O tronco medio é a continuación de C7.
Liña 10:
O tronco inferior sitúase sobre a primeira costela, por detrás da [[arteria subclavia]]. Os troncos medio e superior teñen unha posición máis superior.
 
* '''Divisións''': cada un dos troncos divídese nunha división anterior e nunha posterior:
** As tres divisións anteriores forman a parte do plexo braquial que dará lugar aos nervios periféricos encargados de inervar os compartimentos anteriores do [[brazo]] e do [[antebrazo]].
** As tres divisións posteriores combínanse para formar os nervios relacionados cos compartimentos posteriores.
Liña 16:
Non existe ningún nervio periférico que se orixine directamente das divisións do plexo braquial.
 
* '''Fascículos''': os tres fascículos do plexo braquial orixínanse das divisións e se relacionan coa segunda parte de [[arteria axilar]].
** O fascículo lateral fórmase pola unión de divisións anteriores dos troncos superior e medio, e polo tanto deriva de C5 a C7, situándose lateralmente á segunda parte da arteria axilar.
** O fascículo medial ubícase medial á segunda parte da arteria axilar e é a continuación da división anterior do tronco inferior, polo que recibe aportacións de C8 e T1.
Liña 23:
A maioría dos nervios periféricos da extremidade superior orixínanse nos fascículos do plexo braquial. Polo xeral, os nervios dos compartimentos anteriores da extremidade superior surxen dos fascículos medial e lateral, e os nervios relacionados cos compartimentos posteriores orixínanse no fascículo posterior.
 
* '''Pólas'''
** Pólas das raíces: ademais das pequenas pólas segmentarias de C5 a C8 para os músculos do pescozo, e as aportacións de C5 a C8 para os músculos do pescozo e as aportacións de C5 ao [[nervio frénico]], as raíces do plexo braquial dan lugar aos nervios [[nervio dorsal da escápula|dorsal da escápula]] e [[nervio torácico longo|torácico longo]].
 
** Pólas dos troncos:
As únicas pólas que surxen dos troncos do plexo braquial son dous nervios que se orixinan no tronco superior: o [[nervio supraescapular]] e o [[nervio do músculo subclavio]].
 
** Pólas do fascículo lateral:
Hai tres nervios que se orixinan total ou parcialmente no fascículo lateral. Son:
*** [[Nervio pectoral lateral]]
*** [[Nervio musculocutáneo]]
*** [[Nervio lateral do nervio mediano|nervio mediano]]
*** [[Raíz lateral do nervio mediano|nervio mediano]]
 
** Pólas do fascículo medial:
Hai cinco pólas:
*** [[Nervio pectoral medial]]
*** [[Nervio cutáneo medial do brazo]]
*** [[Nervio cutáneo medial do antebrazo]]
*** [[Raíz medial do nervio mediano|nervio mediano]]
*** [[Nervio cubital]]
 
** Pólas do fascículo posterior: derivan cinco nervios:
*** Nervio subescapular superior
*** Nervio toracodorsal
*** Nervio subescapular inferior
*** Nervio axilar
*** [[Nervio radial]]
 
Todos estes nervios, excepto o radial, inervan os músculos relacionados coa parede posterior da axila; o nervio radial diríxese cara o brazo e antebrazo. Os nervios '''subescapular superior''', '''toracodorsal''' e '''subescapular inferior''' orixínanse de forma consecutiva no fascículo posterior e se dirixen directamente aos músculos relacionados coa parede posterior da axila. O '''subescapular superior''' é un nervio curto, que se dirixe cara ao [[músculo subescapular]] para inervalo. O '''toracodorsal''' é o máis longo destes tres nervios e se dirixe verticalmente ao longo da parede posterior da axila e inerva os músculos [[Músculo subescapular|subescapular]] e [[Músculo redondo maior|redondo maior]].
 
O '''nervio axilar''' orixínase no fascículo posterior e se dirixe en sentido inferior e lateral ao longo da parede posterior para deixar a [[axila]] a través do espazo cuadrangular. Diríxese en sentido posterior pasando ao redor do pescozo cirúrxico do [[úmero]] e inerva os músculos [[músculo deltoide|deltoide]] e [[músculo redondo menor|redondo menor]]. Despois de pasar polo espazo cuandrangular emite unha póla, o '''nervio cutáneo lateral superior do brazo''', que rodea o bordo posterior do [[Músculo deltoide|músculo deltoide]] e inerva a [[pel]] desa rexión. O nervio axilar vai acompañado da arteria circunflexa umeral posterior.
 
O '''[[nervio radial]]''' é a póla terminal de maior tamaño do fascículo posterior. Sae da [[axila]] e chega ao compartimento posterior do [[brazo]] a través do intervalo triangular, entre o bordo inferior do [[músculo redondo maior]], a porción longa do [[Tríceps braquial|músculo tríceps braquial]] e o corpo do [[úmero]].