Plexo braquial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: "O '''plexo braquial''' é unha formación nerviosa. É un plexo somático formado polas pólas anteriores dos nervios espinais de C5 a C8, e pola maior parte da póla anterior de T1...."
 
Silverfox (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''plexo braquial''' é unha formación nerviosa. É un plexo somático formado polas pólas anteriores dos nervios espinais de C5 a C8, e pola maior parte da póla anterior de T1. Orixínase no [[pescozo]], diríxese cara fóra e abaixo, acercándose á primeira [[costela]], para finalmente introducirse na [[axila]]. Forma todos os nervios principais da extremidade superior. A parte proximal do plexo discorre por detrás da [[arteria subclavia]] no [[pescozo]], mentres que as partes máis distais do plexo rodean a [[arteria axilar]].
 
* Raíces: As raíces do plexo braquial son as pólas anteriores de C5 a C8 e a maior parte de T1. Preto da súa orixe, as raíces reciben as '''pólas comunicantes posteriores''' do tronco simpático. Estes levan as febras posganglionares simpáticas ás raíces, para que se distribúan pola periferia. As raíces e os troncos sitúanse no triángulo posterior do [[pescozo]], pasando entre os músculos [[músculo escaleno|músculo escaleno anterior]] e o [[Músculo escaleno|escaleno medio]], e por detrás e por riba da [[arteria subclavia]].