Bioquímica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pnb:بائیو کیمسٹری; cambios estética
Liña 1:
A '''Bioquímica''' é o estudo [[Química|químico]] dos seres vivos, especialmente da estrutura e función dos seus compoñentes químicos específicos, como son as [[proteína]]s, [[carbohidrato]]s, [[lípido]]s e [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]], ademais doutras pequenas [[molécula]]s presentes nas [[célula]]s. A bioquímica baséase no concepto de que todo ser vivo contén [[carbono]] e en xeral as moléculas biolóxicas están compostas principalmente de [[carbono]], [[hidróxeno]], [[osíxeno]], [[nitróxeno]], [[fósforo]] e [[xofre]].
É a [[ciencia]] que estuda a mismísima base da [[vida]]: as [[molécula]]s que compón as [[célula]]s e os [[Tecido (bioloxía)|tecidotecidos]]s, que catalizan as [[reacción química|reaccións químicas]] da [[dixestión]], a [[fotosíntese]] e a [[Sistema inmunitario|inmunidade]], entre outras.
 
== A Investigación en Bioquímica ==
O comezo da bioquímica pode moi ben ser o descubrimento da primeira [[enzima]], a [[diastase]], en [[1833]] por [[Anselme Payen]]. En [[1828]], [[Friedrich Woehler|Friedrich Wöhler]] publicou un artigo acerca da síntese de [[urea]], probando que os compostos orgánicos poden ser creados artificialmente, en contraste coa crenza, comunmente aceptada durante moito tempo; de que a xeración destes compostos era posible só no interior dos seres vivos. Desde entón, a bioquímica avanzou, especialmente desde a metade do [[século XX]] co desenvolvemento de novas técnicas como a [[cromatografía]], a [[difracción de raios X]], [[marcaxe por isótopos]], e o [[microscopio electrónico]]. Estas técnicas abriron o camiño para a análise detallada e o descubrimento de moitas moléculas e rutas [[metabolismo|metabólicas]] das [[célula]]s, como a [[glicólise]] e o [[ciclo de Krebs]]. Hoxe en día os avances da bioquímica son usados en centos de áreas, desde a [[xenética]] ata a [[bioloxía molecular]], da [[agricultura]] á [[medicina]]. Probablemente unha das primeiras aplicacións da bioquímica foi a produción de [[pan]] usando [[lévedo]]s, hai 5.000 anos. O alicerce fundamental da investigación bioquímica céntrase nas propiedades das proteínas, moitas das cales son enzimas. Por razóns históricas a bioquímica do [[metabolismo]] da célula foi intensamente investigado, importantes liñas de investigación actuais inclúen o [[código xenético]] ([[ácido desoxirribonucleico|ADN]], [[ácido ribonucleico|ARN]], [[síntese de proteínas]], dinámica da [[membrana celular]] e ciclos enerxéticos).
 
== Categorías ==
A bioquímica está conformada pola [[química]] de substancias, que poden ser catalogadas fundamentalmente nestes epígrafes:
 
* [[Carbohidrato]]s;
* [[Lípido]]s;
* [[Proteína]]s e [[aminoácido]]s;
* [[Ácido nucleico|Ácidos nucleicos]];
 
Divídese en varias ramas tales como:
* [[Bioquímica Celular]]
* [[Xenética]]
* [[Laboratorio Clínico]]
* [[Inmunoloxía]]
* [[Farmacoloxía]]
 
=== Véxase tamén ===
===Outros artigos===
* [[Bioloxía molecular]]
* [[Bioloxía]]
* [[Xenoma humano]]
 
[[Categoría:Bioquímica]]
Liña 89:
[[oc:Bioquimia]]
[[pl:Biochemia]]
[[pnb:بائیو کیمسٹری]]
[[ps:ژونکيميا]]
[[pt:Bioquímica]]