Ostrogodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: ro:Ostrogoți
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: th:ชาวออสโตรกอท; cambios estética
Liña 7:
Este pobo foi finalmente asimilado en forma gradual por outras tribos xermánicas tales como os [[vándalos]] e os [[francos]].
 
== Hipóteses etimolóxicas ==
 
O significado do nome '''ostrogodo''' está suxeito a controversias. Os [[godos]] formaron unha tribo unida ata o [[século III]], momento no que se escindiron en dúas pólas: os ostrogodos e os [[visigodos]].
Liña 21:
O debate non está resolto, a falta de probas concluíntes. A elección dos historiadores entre unha ou outra hipótese depende da confianza que outorgan ao testemuño de Xordanes.
 
== Historia ==
 
=== Orixes dos Ostrogodos ===
 
A súa historia escrita iníciase coa independencia do [[hunos|Imperio Huno]], logo da morte de [[Atila]]. Aliándose cos seus antigos vasalos e rivais, os [[xépidos]], os ostrogodos, dirixidos por [[Teodomiro (rei ostrogodo)|Teodomiro]] logran vencer ás forzas hunas comandadas polos fillos de Atila na [[batalla de Nedao]] en [[454]].
Liña 31:
Durante a maior parte da segunda metade do [[século V]], os ostrogodos cumprirán no sueste de Europa o papel que xogaron os [[visigodos]] un século antes. A súa relación co [[Imperio Romano de Occidente]] estivo marcada por achegamentos e afastamentos que chegaron mesmo ás hostilidades. Todo isto durou ata que como antes os visigodos, mudáronse de Oriente a Occidente.
 
=== O reino de Teodorico o Grande ===
 
O máis grande de todos os soberanos ostrogodos [[Teodorico o Grande]], naceu cara ao ano [[455]], pouco logo da batalla de Nedao.
Liña 53:
Durante a vida de Teodorico, os pobos godo e visigodo mantivéronse unidos. Tamén estableceu nesa época unha especie de protectorado con respecto aos pobos xermánicos de occidente, exceptuando os francos.
 
=== Características do reino de Teodorico ===
 
O dominio dos ostrogodos era por aquel entón tan grande e moito máis espléndido do que o foi en tempos de [[Hermanarico]]; pero foi sobre todo dun carácter completamente diferente.
Liña 69:
Ningún dos dous soberanos puido liquidar os conflitos que sobreviñeron no seo das elites godas. [[Teodacio]], primo de Amalasunta e sobriño de Teodorico por parte da irmá deste último, sucedeuno logo de os asasinar cruelmente. No entanto, esta usurpación desencadearía maiores matanzas aínda. Tres reis godos sucedéronse no trono no espazo de cinco anos.
 
=== A reconquista de Italia polos bizantinos ===
 
A debilidade da posición dos ostrogodos en Italia mostrouse entón con toda evidencia. O emperador bizantino Xustiniano sempre se esforzou, na medida do posíbel, por restaurar o poder imperial sobre a totalidade da extensión do Mediterráneo; non deixou escapar esta ocasión para actuar.
Liña 97:
[[Widhin]], o último xefe de que temos testemuño da armada gótica rebelouse a finais da década [[550]] – [[560]] cunha axuda militar mínima de francos e [[alamáns]]. A sublevación non tivo consecuencias: os ostrogodos subleváronse en Verona e en Brescia, pero a revolta terminou coa captura do seu xefe, en [[561]]. Finalmente, Widhin foi conducido para ser executado alí en [[561]] ou [[562]]. Unha minoría, submisa aos bizantinos e convertida ao cristianismo, sobreviviu en Ravenna.
 
=== A herdanza dos godos en Europa Occidental ===
 
Logo desta última derrota, a denominación de ostrogodos caeu no esquecemento. A nación practicamente disolveuse logo da morte de Teodorico. A posibilidade de formar en Italia un Estado reunindo elementos romanos e xermánicos, como os que xurdiron posteriormente en Galia, en Hispania e logo nas rexións de Italia baixo a soberanía dos [[longobardos]], foi así mesmo perdida.
Liña 103:
En consecuencia, o lugar ocupado polos godos na memoria española difire daquel que ocupan na memoria italiana: en Italia, os godos non foron senón un invasor temporal, pronto suplantados polos longobardos, mentres que en Hispania souberon constituír un elemento importante da zona na alta Idade Media.
 
== Produción artística ostrogoda ==
 
Tanto [[Teodorico o Grande|Teodorico]] como [[Amalasunta]] restauraron un gran número de obras romanas tales como acuedutos, vías, calzadas, anfiteatros: de feito, moitas das obras romanas que puideron chegar ata nós en bo estado foi grazas ás restauracións que no seu día fixeron estes reis ostrogodos.
Liña 112:
- O mausoleo de [[Teodorico o Grande|Teodorico]] e [[Amalasunta]] en [[Ravenna]].
 
=== '''Palacio de Teodorico''' ===
 
[[Teodorico o Grande|Teodorico]] o que fixo foi imitar o tipo de palacio cidadán [[romano]] (dos do interior da cidade).
Liña 120:
Trátase dun palacio de dous pisos cun inferior dedicado á administración do palacio etc. e outro piso superior con grandes ventás que comunicaban con grandes salóns para festas e no centro das arcadas había unha gran balconada desde onde o soberano se asomaba.
 
=== '''[[Mausoleo]] de Teodorico e Amalasunta''' ===
 
A propia aparencia é de aspecto [[paleocristián]] [[romano]], pois parece ter planta centralizada con cúpula, con todo ten elementos ostrogodos tamén, como o uso do material: a pedra coa que se fan eses grosos muros a base de perpiaños de pedra tallados. Non está feito en ladrillo nin pedra, pois [[Teodorico o Grande|Teodorico]] o que pretende é que o edificio dure, para iso usa o material máis duro do momento, a pedra. Pretende que o edificio sexa tan forte que mesmo a cúpula está feita dunha soa peza de pedra tallada (-Barbarismo ostrogodo-).
Liña 137:
Hoxe non se conservan nin a tumba de Teodorico nin a de Amalasunta. O que si hai na segunda planta é unha bañeira romana baixo a cúpula que se achou polos arredores e colocouse alí.
 
== Cronoloxía ==
 
* [[242]]: Desmembramento do mundo romano; o [[Bósforo]] Cimeriano (actual [[Crimea]]) cae baixo a dominación dos ostrogodos instalados en [[Ucraína]].
* [[257]]: Os godos sepáranse en ostrogodos e [[visigodos]].
* [[271]]: No que constitúe a primeira retirada importante desde os comezos do Imperio, os Romanos abandonan a [[Dacia]] a mans dos ostrogodos.
* [[371]]: O Imperio dos ostrogodos está en mans dos hunos.
* [[375]]: Forte presión dos [[hunos]], que destrúen o reino ostrogodo en [[Rusia]] do Sur.
* [[425]]: Os [[vándalos]], os ostrogodos e os [[visigodos]] instálanse nas antigas provincias romanas.
* [[456]]: Os ostrogodos establécense no Danubio inferior.
* [[493]]: [[Teodorico o Grande]], xefe dos ostrogodos, é agora rei de [[Italia]].
* [[508]]: Comezo dunha campaña dos ostrogodos baixo o mando de [[Teodorico o Grande]] en dirección á [[Galia]] meridional (que termina en [[511]]).
* [[526]]: [[Atalarico]] sucede a [[Teodorico o Grande]] como rei dos ostrogodos.
* [[526]]: [[Teodorico o Grande]], rei dos ostrogodos e de Italia, morre de disentería.
* [[534]]: Falecemento, o [[2 de outubro]], de [[Atalarico]], rei dos ostrogodos.
* [[535]]: Teodato, novo rei dos ostrogodos, esganou á súa muller, a raíña [[Amalasunta]], filla do rei [[Teodorico o Grande]].
* [[536]]: Os ostrogodos depoñen ao seu pasivo rei, Teodato, e elixen a ''Vitixes'', un xeneral, para que o substitúa.
* [[536]]: Os ostrogodos ceden a [[Provenza]] aos [[francos]].
* [[537]]: Tras asegurarse as costas concedendo a [[Provenza]], en mans dos ostrogodos desde [[508]], aos [[francos]], [[Vitixes]] diríxese a [[Roma]] e sométea a cerco.
* [[539]]: [[Milán]], a cidade máis importante de [[Italia]] logo de [[Roma]], é gañada novamente polos ostrogodos e destruída. Os homes son executados e as mulleres vendidas como escravas.
* [[540]]: [[Vitixes]], rei dos ostrogodos, é capturado por [[Belisario]], quen se apodera de [[Ravenna]].
* [[543]]: Os ostrogodos levan a cabo unha reforma agraria que beneficia aos campesiños italianos.
* [[543]]: [[Tótila]], novo rei dos ostrogodos, penétrase en [[Italia]] e toma [[Nápoles]] logo de cercalas; [[Belisario]] regresa a [[Italia]].
* [[546]]: [[Tótila]], rei dos ostrogodos, toma Roma logo de cercala durante un ano.
* [[552]]: [[Narsés]] derrota e mata a [[Tótila]], rei dos ostrogodos, na [[batalla de Busta Gallorum]].
* [[553]]: O xeneral bizantino [[Narsés]] derrota a [[Teias]], sucesor de [[Tótila]] como rei dos ostrogodos, no monte Lactarius.
* [[554]]: O emperador bizantino [[Xustiniano]] lanza un programa de reorganización da administración de Italia logo do caos de 20 anos de guerra contra os ostrogodos.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Godos]]
* [[Visigodos]]
* [[Lista de reis ostrogodos]]
* [[Imperio Bizantino]]
* [[Imperio Romano de Occidente]]
 
[[Categoría:Ostrogodos]]
Liña 215:
[[sr:Остроготи]]
[[sv:Ostrogoter]]
[[th:ชาวออสโตรกอธสโตรกอท]]
[[tr:Ostrogotlar]]
[[uk:Остготи]]