Diferenzas entre revisións de «Godos»

m
bot Modificado: th:ชาวกอท; cambios estética
m (bot Engadido: arz:جوث)
m (bot Modificado: th:ชาวกอท; cambios estética)
----
 
Os '''godos''' foron un [[pobos xermánicos|pobo xermánico]] que, procedente da rexión costeira [[Mar Báltico|báltica]], emigrou ós territorios limítrofes e á [[provincia romana]] de [[Dacia ]] no [[século III]].
 
== Invasións ==
Tralas invasións [[hunos|hunas]], os '''godos''' dividíronse en [[ostrogodos]], que nos séculos posteriores seguiron invadindo a parte oriental do [[Imperio Romano]] e acabaron formando un reino en [[Italia]]; e [[visigodos]], que saquearon [[Roma]] e tras isto lograron acordaron un ''foedus'' (pacto) co [[Imperio Romano]] que lles permitiu asentarse en [[Francia]], naquel momento chamada [[Galia]], e posteriormente, por causa dunha derrota contra os [[Francos]], fuxiron a [[Hispania]], onde crearon un reino que se extendía por case toda a [[Península Ibérica]].
 
As súas invasións, coma a de tantos outros pobos xermánicos, víronse causadas pola presión dos [[hunos]] e doutros pobos procedentes de [[Asia]] que nesta época invadiron [[Europa]].
== Relixión ==
A súa relixión era nun principio pagá, pero axiña se converteron ó [[cristianismo]], e máis concretamente ó [[arianismo]], herexía que posteriormente foi perseguida polo [[Imperio Romano]]. Por esta razón, ós romanos, [[catolicismo|católicos]] na súa enorme maioría (excepto en [[Siria]] e [[Exipto]], onde a confesión máis importante era o [[monofisismo]]), os '''godos''' non lles tiñan en moita estima.
 
Antes de ser [[cristianismo|cristiáns]], os '''godos''' causaban pánico ós seus inimigos, pois os prisioneiros que conseguían capturar eran sacrificados a diversos deuses, especialmente ó da guerra, [[Tyz]].
== Economía ==
O dos '''godos''' era un pobo [[agrícola]] e [[gandeiro]]. Sen embargo, unha vez que se asentaron nos territorios que previamente invadiran e conquistaran, se converteron na clase dominante, na nobreza, deixando a maioría dos traballos ós pobos conquistados. Non se mesturaron momentaneamente con estes pobos, senón que conformaron unha sociedade [[endogamia|endogámica]].
 
== Ver tamén ==
 
* [[Visigodos]]
* [[Ostrogodos]]
* [[Ulfilas]]
 
[[Categoría:Etnoloxía]]
[[sr:Готи]]
[[sv:Goter]]
[[th:ชาวกอ]]
[[tr:Gotlar]]
[[uk:Готи]]
76.660

edicións