Abrir o menú principal

Cambios

m
+img
 
=== Carreira en solitario ===
[[Ficheiro:Ella Fitzgerald (1960) by Erling Mandelmann.jpg|thumb|1960]]
Comezou a súa carreira en solitario en [[1941]], cantou con [[the Ink Spots]], [[Louis Jordan]] e [[The Delta Rhythm]], e en 1946 empezou a cantar con regularidade nos concertos de [[Norman Granz]] ''Jazz at the Philharmonic'' (JAP), converténdose Granz no seu manager. Produciuse un gran cambio no estilo de Ella durante este período. Estivo de xira coa banda de [[Dizzy Gillespie]] e adoptou o [[bebop]] como parte do seu estilo, e empezou a incluír fragmentos de [[scat]] nas súas interpretacións. As súas gravacións de "Lady Be Good", "How High the Moon" e "Flying Home" durante [[1945]]-[[1947]] fixéronse moi populares e a súa estatura como unha das primeiras voces do [[jazz]] asentouse. Durante un tempo (10 de decembro de 1947 - 28 de agosto de [[1953]]), estivo casada co baixista [[Ray Brown]], con quen adoptou un neno, e usaba o seu trío como acompañante. As series de duetos co pianista [[Ellis Larkins]] en [[1950]] e [[1954]] levárona a interpretar composicións de [[George Gershwin]], como faría nun dos seus ''songbooks''.
 
17

edicións