Televisor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Cheluco (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-R26738, Kombinierter Fernseh- und Rundfunkempfänger.jpg|thumb|Televisor con radio de Telefunken (1933)]]
{{enuso}}
Un '''televisor''' é un aparello destinado principalmente á recepción e reprodución de sinais de [[televisión]].
== Desenvolvemento ==
Os primeiros televisores eran electromecánicos, os primeiros que se fabricaron comercialmente, no [[Reino Unido]] en [[1928]] por [[John Logie Baird]]<ref>[http://www.tvhistory.tv/PRE-1935-BAIRD.htm Television History, web de Michael Bennett-Levy]</ref>, non eran máis que [[radio]]s co engadido dun dispositivo de televisión que non era máis que tubo de neón detrás dun [[disco de Nipkow]] con aberturas en espiral que producían unha imaxe do tamaño dun [[selo postal]] que dobraba de tamaño por medio dun cristal, tamén existía unha versión sen a radio.
[[Ficheiro:Höritz Museum - Fernseher Tesla 40001A.jpg|thumb|Primeiro televisor fabricado na antiga [[Checoslovaquia]] (1953)]]
 
Os primeiros televisores comerciais electrónicos feitos con tubos de raios catódicos fabricounos [[Telefunken]] en [[Alemaña]] en [[1934]], logo seguiron [[Francia]] e o Reino Unido en 1936 e nos [[Estados Unidos]] en 1938, pero os aparellos eran caros, había poucas canles de televisión e as emisións eran moi limitadas, así en 1945 apenas había 7000 televisores nos Estados Unidos <ref>[http://www.high-techproductions.com/historyoftelevision.htm The History of Film, Television & Video]</ref>. Despois da [[Segunda Guerra Mundial]] por mor do avance na tecnoloxía debido ás investigacións que se iniciaran pola guerra e a baixada dos prezos polo comezo da produción masiva, aumentaros os fogares que tiñan un televisor, estímase que en [[1948]] había 48.000 nos Estados Unidos<ref>''The Encyclopedia Americana''. New York: Scholastic Library Publishing, 1984, p. 433</ref> que xa eran case 6 millóns en [[1950]]<ref>''The World Book Encyclopedia''. Chicago: World Book Inc., 2003, páxina 119</ref>. Aínda que as primeiras transmisións en cor datan de 1928, os televisores en cor non comezaron a introducirse, nos Estados Unidos, na decada de 1950, popularizándose nese país na de 1960 e na de 1970 en [[Europa]].
== Pantallas ==
[[Ficheiro:103inchPlasma.JPG|thumb|Televisor de plasma]]
*As [[pantalla]]s máis correntes son as de tubo de raios catódicos ou CRT, carecen dunha resolución fixa, aínda que si teñen unha resolución mínima, dada a separación entre os puntos. A frecuencia de cadro dun televisor NTSC é de 29,97 Hz, e de 25 Hz nos televisores coa norma PAL. A resolución vertical visible dos televisores NTSC é 480 liñas, e a dos PAL de 575 liñas. Este sistema está quedando obsoleto na maioría dos países desenvolvidos.
*As pantallas de tecnoloxía de proxección úsana a maioría dos televisores de pantalla grande con tres sistemas de proxección: TRC, [[LCD]] e [[DLP]]
*As pantallas planas de cristal líquido e de plasma , os avances tecnolóxicos permitiron utilizar a tecnoloxía de LCD para a fabricación de pantallas planas, que poden ter só un par centímetros. Máis recentemente as pantallas LCD con retroiluminación LED que utiliza díodos emisores de luz.
[[Ficheiro:Hd tv samsung LE26R41BD.jpg|thumb|Televisor LCD]]
 
== Notas ==
{{Listaref}}