Diferenzas entre revisións de «Curuxa das xunqueiras»

m
bot Modificado: be:Сава балотная; cambios estética
m (bot Modificado: be:Сава балотная; cambios estética)
A '''Curuxa das xunqueiras''' (''Asio flammeus'') e unha [[ave rapaz]] da familia das [[estrixiformes]] (''Strigidae'')
 
== Aspecto ==
 
 
[[Ficheiro:Sumpfohreule-Asio flammeus-World.png|thumb|left|250px|Distribución xeográfica da curuxa das xungueiras]]
 
== Distribución xeográfica ==
 
É unha ave de zonas húmidas. O seu hábitat espallase en [[Europa]] dende [[Rusia]] e [[Escandinavia]] á [[Gran Bretaña]] e [[Islandia]] e ata a zona mediterranea. En [[Europa central]] é rara, aínda que aparece con certa frecuencia nos [[Paises Baixos]]. Vive tamén en case toda a parte asiática de Rusia. En [[América]] aparece en [[Canada]], no norte dos [[Estados Unidos]], na zona dos [[Andes]] e na parte sur de Sudamérica, nas [[illas dos Galápagos]]. Vive tamén en [[Hawai]].
A curuxa das xunqueiras é un migrador parcial. Os exemplares que viven máis ó norte móvense cara ó sur en inverno.
 
== Etoloxía ==
=== Reprodución ===
 
A curuxa das xunqueiras fai o niño no cha en zonas abertas (prados, [[tundra]], sabana) agachados entre a herba, as veces, delimitados por unha pequena cantidade de herbas ou plumas. Habitualmente poñen entre 4 e 8 ovos, pero en anos de comida abundante as niñadas poden chegar os doce polos. Fan unha posta ó ano é os ovos son incubados de 21 a 37 días, case exclusivamente pola femia. Coma algunhas outras aves, utiliza a técnica de facerse pasar por ferida para afastar do niño ós predadores.
Maduran sexualmente cando teñen un ano. A estación reprodutora no hemisferio norte vai de marzo a xuño, sendo abril o mes de máis actividade. Durante esta época poden formar bandos. Os machos fan exhibicións de voo para atraer ás femias. Son, en xeral, monógamas.
 
=== Alimentación e presas ===
 
Cazan en xeral pola noite, pero están tamén activas polo día e entre lusco e fusco. De cotío voa a poucos centímetros do chan en campo aberto ata que atopan unha presa, sobre a que se lanzan coas poutas por diante. Come roedores pequenos, basicamente ratos, e algúns insectos grandes, e, en ocasións, paxaros pequenos.
 
 
=== Reclamos sonoros ===
 
Silenciosos na época invernal, durante outras épocas emiten diferentes sons, que, na época reprodutora, son máis perceptibles.
* [http://www.birds.cornell.edu/AllAboutBirds/BirdGuide/Short-eared_Owl.html#map- Ligazón sonora 1]
* [http://www.owlpages.com/owls.php?genus=Asio&species=flammeus Ligazón sonora 2]
 
== Ligazóns externas ==
 
{{Commons|Asio flammeus|Curuxa das xunqueiras}}
 
[[az:Bataqlıq bayquşu]]
[[be:Сава балотная]]
[[be:Балотная сава]]
[[bg:Блатна сова]]
[[br:Toud-lann]]
76.268

edicións